Fíxate nestes consellos que nos dan os nenos e nenas de 3 anos.
Cando na rúa estés e queiras cruzar...un paso de peóns debes buscar. Antes de cruzar...que paren os coches, máis vale esperar.
Se semáforo hai e o boneco en verdeestá... podes pasar. Se semáforo hai e o boneco en vermello está...debes esperar. Se na moto vas, con ou sen présa, o casco na cabeza non che pesa. Se no coche queredes tranquilidade...usade sempre o cinturón de seguridade. Os nenos e nenas nun plis-plas sentaranse na parte de atrás.
No hay comentarios:
Publicar un comentario