ir arriba

sábado, 30 de abril de 2011

ANIVERSARIO DE CARLA

ESTE VENRES FESTEXAMOS O SEXTO ANIVERSARIO DE CARLA. MENUDO PEDAZO DE TARTA CASEIRA QUE NOS TROUXO, DE GALLETA E CHOCOLATES VARIOS, E TIÑA GOMINOLAS... ESTABA MOOIII RICA. TAMÉN COMIMOS PATATILLAS, PALITOS, COMBINADOS... E MÁIS COUSIÑAS. DEIXAMOS ALGO PARA PICOTEAR O LUNS. COMA SEMPRE PASÁMOLO MOI BEN E NON PODÍAMOS REMATAR O CUMPLE SEN FACER O QUE MÁIS NOS GUSTA: MÚSICA E... A BAILAR!!! E COMO AGASALLO TRÓUXONOS UN GLOBO PARA CADA UN DE NÓS. QUE BEN!! MOITAS FELICIDADES CARLA E QUE SEXAN MOOIITOSS MÁIS.





30/04/2011

video
video

martes, 26 de abril de 2011

EXCURSIÓN Á GRANXA-ESCOLA "O KIRIKO"

MAMI E PAPI:
Hoxe martes foi un día especial. Poidemos visitar e disfrutar da granxa- escola "O KIRIKO" e do seu fermoso contorno natural.
Pola mañá convertímonos en cociñeiros/as, amasamos e amasamos...e cada un de nós fixo unha rosquilla. O resto da mañá adicámolo a observar e aprender cousiñas sobre algúns animais, aves sobre todo, aínda que tamén había mapaches.
A iso das 13,00 horas comimos todos xuntos: croquetas, macarróns con carne e iogur.
Despois de xantar... parque!! Xogamos nos bambáns, subimos, trepamos, escalamos...e como nos tentaba o campo de fútbol algúns pedimos un balón aos monitores. A continuación chegou o momento do percorrido polo bosque, fixemos xogos dirixidos e tamén descubrimos e identificamos sons e animais do campo: ovellas, vacas, cabalos...
Sobre as 16,00 horas merendamos un rico bocata, bebimos moooita auga, collimos as nosas chaquetas e nos despedimos dos monitores que tan ben nos trataron, ahh, e tamén dos cans da granxa que eran mooii cariñosos.
Non nos podemos queixar pois o día estivo estupendo para disfrutar das actividades ao aire libre.
Ao chegar ao noso cole as profes repartiron as rosquillas feitas na granxa que axiña probamos, non sabemos se por fame ou por curiosidade.
En fin, esperamos descansar ben esta noite despois de convertirnos en granxeiros por un día.






GRANXA KIRIKO

lunes, 18 de abril de 2011

OLA FAMILIAS. XA SABEDES QUE O MARTES 26 DE ABRIL, DÍA QUE REGRESAMOS DAS VACACIÓNS DE SEMANA SANTA, TEMOS... EXCURSIÓN !!!. A GRANXA ESCOLA "O KIRIKO" ( Soutelo de Montes) ESPERA POR NÓS, POLOS NENOS E NENAS DE 5 ANOS E AS SÚAS MESTRAS. UNHA GRANXA QUE PRETENDE O COÑECEMENTO DO MEDIO RURAL, O CONTACTO COA NATUREZA, A CONVIVENCIA E O RESPECTO CARA AOS ANIMAIS... A TRAVÉS DUNHA SERIE DE ACTIVIDADES DIRIXIDAS POR PROFESIONAIS. LEMBRADE QUE NON TENDES QUE LEVAR MOCHILA, TAN SÓ ROUPA E CALZADO CÓMODO, GANAS DE OBEDECER, DE SABER COMPORTARSE, DE APRENDER, DE DIVERTIRSE E DE PASALO MOI, PERO QUE MOI BEN. UN SAÚDO E FELIZ SEMANA SANTA PARA TODOS E TODAS.

viernes, 15 de abril de 2011

EXCURSIÓN AO PARQUE DE SALVATERRA

MENUDA MAÑÁ TAN DIVERTIDA. REPETIMOS UN ANO MÁIS SAÍDA A SALVATERRA E COMA SEMPRE TODO UN ÉXITO. COMO XA VOS ANUNCIEI CON ANTERIORIDADE A ÚNICA ACTIVIDADE DO DÍA DE HOXE SERÍA XOGAR, XOGAR, E XOGAR. ESTA VEZ SEN OS PAPIS, ESTA VEZ... COS COMPIS DO COLE. DISFRUTARON DO LINDO, CORRERON, TREPARON, SALTARON, PROBARON TODOS OS COLUMPIOS... E GASTARON MOOOOOITAS ENERXÍAS, E AÍNDA QUE LEVARON A SÚA COMIDA ALGÚN QUE OUTRO, DE REGRESO AO COLE, COMENTABA QUE XA TIÑA FAME. SON INCANSABLES ESTAS CRIATURAS, BUFFFF!! AQUÍ VOS DEIXO UN RECORDO, COMA SEMPRE EN FOTOS, DO DÍA DE HOXE. ESPERO QUE AS DISFRUTEDES EN FAMILIA.









Parque de Salvaterra
NORABOA PATRICIA!! XA FORMAS PARTE DO NOSO CLUB DO MELLADO. ESPERO QUE O RATO PÉREZ SE ACORDE DE TI. E IGUAL QUE TODOS OS MEMBROS RECIBES O TEU DIPLOMA. XA COMPROBEI A ILUSIÓN QUE CHE FIXO, AGORA ESPERO QUE O COIDES DURANTE MOITO TEMPO.

jueves, 14 de abril de 2011

PEQUES, MAÑÁ EXCURSIÓN AO PARQUE DE SALVATERRA. TODA A MAÑÁ PARA XOGAR, XOGAR E XOGAR COS COMPIS...UN BO XEITO DE RECIBIR AS VACACIÓNS DE SEMANA SANTA. LEMBRADE TRAER ROUPIÑA CÓMODA PARA TROULEAR MOITO E UN BOCATA PARA RECARGAR ENERXÍAS .
A GORRA XA A TENDES NA CLASE.
SEGURO QUE VAI SER UN DÍA MOI DIVERTIDO.

DON MOUCHO

XA TEMOS RESPOSTA Á PREGUNTA DE DON MOUCHO: OS OCÉANOS DA TERRA SON 5 E O MÁIS GRANDE DE TODOS É... O OCÉANO PACÍFICO. ESTA VEZ NON HOUBO SORTE POIS O PREMIO FOI PARA UNHA NENA DA OUTRA CLASE DE 5 ANOS. ALEGRÁMONOS POR ELA. E NÓS, MOI CONTENTOS, CONFORMÁMONOS CON LEVAR PARA CASA UNS RICOS LACASITOS.

miércoles, 13 de abril de 2011

ANIVERSARIO DE SARA E DIEGO

E DESPOIS DUN PARÓN DE MÁIS OU MENOS DOUS MESES, POR FIN CUMPLES !!! A VERDADE É QUE XA TIÑAMOS GANAS DE COMILONA. ESTA VEZ PROBAMOS TODOS, TODOS, TODOS, UN ROSCÓN QUE ESTABA DE VICIO. DIEGO DIXO QUE O FIXERA ROS, A NAI DE JEREMY. ROSSS, SE É VERDADE O QUE CONTA DIEGO ESTÁS APROBADA. XA SABES, CANDO QUEIRAS... TAMÉN COMIMOS GUSANIÑOS, COMBINADOS, GALLETAS... TODO RICO, RICO. E AO IRNOS PARA CASA UN CHUPA-CHUPS. NON NOS PODEMOS QUEIXAR.





13/04/2011
Se queredes ver as fotos facede clic na imaxe.
PARA QUE COMPROBEDES A MARCHA QUE TEMOS AQUÍ VOS DEIXO ESTES VÍDEOS.
video
video
video

martes, 12 de abril de 2011

DON MOUCHO QUERE SABER

ESTA SEMANA DON MOUCHO FAINOS UNHA NOVA PREGUNTA PARA QUE SIGAMOS INVESTIGANDO E APRENDENDO MÁIS COUSIÑAS. QUERE SABER CANTOS OCÉANOS HAI NA TERRA E CAL DELES É O MÁIS GRANDE. VEÑA, ANIMÁNDONOS TODOS A PARTICIPAR. O xoves será o último día para entregar a papeleta.

viernes, 8 de abril de 2011

DON MOUCHO


XA TEMOS RESPOSTA Á PREGUNTA DE DON MOUCHO DESTA SEMANA. A CIDADE MÁIS POBOADA DO MUNDO É TOKIO, E ATÓPASE NUN PAÍS CHAMADO XAPÓN. ACERTÁCHEDES MOITOS DE VÓS E A PAPELETA GAÑADORA FOI ESTA VEZ A DE GABRIEL, DA NOSA CLASE. NORABOA GABRIEL, QUE DISFRUTES DO AGASALLO. E OS DEMAIS ,POR PARTICIPAR, LEVÁCHEDES PARA CASA UNHA PEGATINA.QUE SORTE!! A ESPERAR A PREGUNTIÑA DO LUNS.

miércoles, 6 de abril de 2011

VISITAMOS A BIBLIOTECA-MUSEO DE PONTEAREAS

Hoxe despois do recreo fomos visitar a BIBLITECA- MUSEO MUNICIPAL de Ponteareas coa nosa profe e con Pepa. Moitos dos nenos e nenas xa a coñecían grazas as súas familias que fan uso dela. Estivemos na sala preparada para os máis pequenos, e alí parámonos un chisco a mirar e ler algún contiño. Nos ensinaron as salas onde van os maiores e alí tivemos que estar mooooi caladiños pois había xente estudando. Tamén vimos o lugar onde atopar revistas, xornais... e a sala dos ordenadores. Por último entramos no museo, alí había moitas cousas e que non debiamos tocar, pero iso costounos un pouco, quizais por falta de costume, e... porque no fondo somos nenos e as nosas mans unha forma máis de explorar. Había tantas cousas que só observamos algunhas, pero o que máis nos chamou a atención foi un coche de bombeiros moooiii antigo.





VISITAMOS A BIBLIOTECA MUNICIPAL
SE QUEREDES VER AS FOTOS FACEDE CLIC NA IMAXE NA BIBLITECA DIXÉRONOS QUE TODOS OS XOVES DE 6 A 7 DA TARDE HAI SESIÓN DE CONTACONTOS. PODES LEVARME Á BIBLIOTECA, DEIXARME ALÍ E RECOLLERME ÁS 7. NON É MALA PROPOSTA PARA ALGÚN XOVES, VERDADE??.

DON MOUCHO QUERE SABER...

DON MOUCHO QUERE SABER ESTA SEMANA CAL É A CIDADE CON MÁIS HABITANTES DO MUNDO E EN QUE PAÍS ESTÁ. ESPEREMOS QUE ESTA SEMANA TEÑAMOS SORTE. PERO HAI QUE ESPERAR ATA O VENRES. Lembrade que as respostas non poden vir escritas por adultos. VEÑA, ANIMARSE A PARTICIPAR!!

lunes, 4 de abril de 2011

APRENDIZAXE DA LECTO-ESCRITURA

SEGUIMOS XOGANDO E APRENDENDO COAS NOSAS AMIGAS AS LETRAS. O XOGO ADÁPTASE A DIFERENTES RITMOS DE APRENDIZAXE POR ISO PODEDES ATOPAR DIFERENTES NIVEIS E ASÍ XOGAR COAS LETRAS QUE QUEIRADES. VEÑA PEQUES, A LER E ESCRIBIR UN POUCO, A VER QUE TAL VOS VAI.

sábado, 2 de abril de 2011

DON MOUCHO

XA TEMOS RESPOSTA Á PREGUNTA DE DON MOUCHO DESTA SEMANA. NO ANO 1969 NEIL ARMSTRONG, COMANDANTE DA NAVE APOLO XI, CONVERTÍASE NO PRIMEIRO HOME QUE PISABA A LÚA. ESTA VEZ NON HOUBO SORTE CO SORTEO PERO COMO PREMIO POR PARTICIPAR POIDEMOS LEVAR PARA CASA UNHA RICA MOEDA DE CHOCOLATE. Esperamos a pregunta da próxima semana e... seguiremos participando.