ir arriba

jueves, 23 de junio de 2011

DESPEDIMOS A LÚA DE ALGODÓN

LUA DE ALGODÓN SE DESPIDE, adeus a tantos momentos vividos nesta etapa infantil tan importante na vida dos vosos fillos. Aínda que se despide seguirá sendo un ESPAZO ABERTO para todos aqueles que queirades seguir disfrutando, repasando, xogando, lembrando...
GRACIÑAS POR FACER QUE LÚA DE ALGODÓN TIVESE TANTA, TANTA VIDA.
UN ABRAZO E ATA SEMPRE.

E AQUÍ VOS DEIXO A ÚLTIMA FOTO DOS NENOS COMO GRUPO.
MOITA SORTE EN PRIMARIA E UN BICO ENORME DESTA VOSA PROFE.

martes, 21 de junio de 2011

E CHEGOU O VERÁN

NOVOS XOGOS

XOGAMOS UN POUCO?

ELEXIDE A OPCIÓN DE INFANTIL E A DIVERTIRSE.

domingo, 19 de junio de 2011

ANIVERSARIO DE LUCÍA E DE HUGO

E REMATANDO O CURSO ... CHEGAMOS XA AO ÚLTIMO ANIVERSARIO CELEBRADO O VENRES NO COLE, O DE LUCÍA E O DE HUGO.
COMA SEMPRE TODO ESTABA RICO, RICO...RIQUÍSIMO !. GRAZAS FAMILIAS.
E QUE GANAS TIÑAMOS XA DE FESTA E COMILONA!!
DISFRUTADE DAS FOTOS.






aniversario Lucia_Hugo

lunes, 13 de junio de 2011

DON MOUCHO RESPONDE POR ÚLTIMA VEZ

DON MOUCHO RESPONDE: O óso máis pequeno do noso corpo chámase ESTRIBO e atópase no OÍDO MEDIO.

E REMATAMOS ESTE ÚLTIMO DON MOUCHO CUN GAÑADOR DA NOSA CLASE, CARLOS, E CUNHA FERMOSA PEGATINA PARA TODOS OS PARTICIPANTES.

NORABOA CARLOS. ESPERAMOS QUE CHE GUSTE O AGASALLO.

martes, 7 de junio de 2011

DON MOUCHO PREGUNTA

AQUÍ VOS DEIXO A PREGUNTA QUE DON MOUCHO NOS FAI ESTA SEMANA.

TODOS A PARTICIPAR E MOITA SORTE!

domingo, 5 de junio de 2011

LECTURA EN MAIÚSCULAS

AQUÍ VOS DEIXO UN LIBRIÑO EN LETRAS MAIÚSCULAS PARA QUE PRACTIQUEDES UN POUCO A LECTURA.
Na parte dereita do blogue podedes descargar para o voso ordenador as páxinas que queirades dunha cartilla de lectura(clic co botón dereito do rato. En "preview" ves a ficha máis grande e en "download" descargas). Podedes gardalas en "mis documentos", ou nun pen, e os vosos fill@s ler sen estar conectados a Internet.





viernes, 3 de junio de 2011



A XOGAR E A SEGUIR APRENDENDO COUSIÑAS.

DON MOUCHO RESPONDE

XA TEMOS RESPOSTA Á PREGUNTA DE DON MOUCHO.
O GATO QUE SAE NA PELÍCULA DE PINOCHO CHÁMASE...
FÍGARO.

TODOS SABIADES A RESPOSTA, MOI BEN; PERO A SORTE CAEU ESTA VEZ NUN NENO DE 5 ANOS A. NORABOA PARA EL E VÓS, COMO PREMIO..., UNHA RICA PIRULETA.
O LUNS NOVA PREGUNTA.

lunes, 30 de mayo de 2011

DON MOUCHO RESPONDE E QUERE SABER

ESTA SEMANA DON MOUCHO QUERE SABER...
TODOS E TODAS A INVESTIGAR, VEÑA.


HOXE LUNS FIXEMOS O SORTEO DE DON MOUCHO POIS O VENRES NON ESTIVEMOS NO COLE AO IR DE EXCURSIÓN A VIGO.
OS MOSQUITOS PODEN CHEGAR A TER ATA 47 DENTES
. IMPRESIONANTE, VERDADE? CANTO APRENDEMOS!


TODOS OS QUE PARTICIPÁCHEDES SABIADES A RESPOSTA E ESTA VEZ A SORTE RECAEU EN...PAULA. NORABOA GUAPETONA. ESPERAMOS QUE CHE GUSTE O AGASALLO.
E OS DEMAIS A SABOREAR O CHUPA.

sábado, 28 de mayo de 2011

PUZZLE

AQUÍ VEMOS A CARLOS E A ZEUS EN CASTRELOS. SERÍAS CAPAZ DE FACER O PUZZLE?
preview12 piecePUZZLE

EXCURSIÓN A VIGO

VENRES 27 DE MAIO

TEATRO DE TÍTERES : GUYI- GUYI


RESUMO DO TEATRO

MERECEU A PENA ASISTIR.


ESPECTACULARES AS DÚAS ACTRICES MANIPULADORAS DOS BONECOS, UNHA ESTUPENDA INTERPRETACIÓN (voces,intensidade...) E UNHA BONITA HISTORIA ADAPTADA AOS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL ( momentos de risa, momentos para interactuar, momentos para asustarse un pouco...momentos para fixar toda a nosa atención...).


PARQUE DE CASTRELOS: A COMER O BOCATA E A XOGAR, XOGAR, XOGAR...




SE FACEDES CLIC NA PRESENTACIÓN DAS FOTOS PODEDES VELAS DE XEITO INDIVIDUAL EN PICASA E MÀIS GRANDES.

martes, 24 de mayo de 2011

QUEREMOS ENSINARVOS A PELOTA QUE NOS PRESTOU UN DOS PROFES DE EDUCACIÓN FÍSICA DO NOSO COLE. ERA UNHA PELOTA ENORME, ENORME... PERO NON PESABA NADA.
POIDEMOS XOGAR UN POUCO CON ELA, PERO FÓRA DA CLASE PORQUE NON ENTRABA POLA PORTA. E DE PASO APROVEITAMOS PARA RECORDAR UNHA PALABRA APRENDIDA HOXE :
A ESFERA.

Chula verdade?? E como nos rimos con ela!!

DON MOUCHO QUERE SABER


VEÑA PEQUES, ESTA SEMANA TOCA APRENDER COUSAS SOBRE OS MOSQUITOS. TODOS A PARTICIPAR!!

domingo, 22 de mayo de 2011

LOIS PEREIRO - LETRAS GALEGAS 2011

QUEDABA POR ENSINARVOS O LIBRIÑO QUE FIXEMOS SOBRE LOIS PEREIRO, ESCRITOR E POETA HOMENAXEADO NESTAS LETRAS GALEGAS 2011.

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE.

E ...os debuxos levan sorpresa !


Lembrade que despois de facer "clic to Play" podedes ver a presentación en grande facendo clic no último cadrado da parte inferior dereita.

sábado, 21 de mayo de 2011

DEBUXAMOS A OBRA DE TEATRO FEITA POLAS MAMIS DO COLE

SEXTA MOSTRA DE TEATRO NO BOUZA BREY


O MÉRCORES, XOVES E VENRES DESTA SEMANA CELEBROUSE NO NOSO COLE A SEXTA MOSTRA DE TEATRO.
ESTE ANO FOI ESPECIAL PARA NÓS, OS DE INFANTIL, POIS O XOVES ACTUABAN, E CON MOITA ILUSIÓN, UN GRUPO DE NAIS DA NOSA CLASE, E O VENRES POIDEMOS DISFRUTAR DA ACTUACIÓN DOS NENOS E NENAS DA OUTRA CLASE DE 5 ANOS.


XOVES, 19 DE MAIO:
DESPOIS DE TODA UNHA MAÑÁ DE CONVIVENCIA E DE XOGOS COS NENOS E NENAS DO CRA, QUE O ANO PRÓXIMO SERÁN ALUMNOS DESTE COLE E COMPAÑEIROS NOSOS, REMATAMOS A XORNADA DISFRUTANDO DA MAXIA QUE NOS TRAE E APORTA... O TEATRO.
FABULOSO ESTIVO O NOSO GRUPO DE MAMIS QUE PUXERON TODO O SEU CARIÑO E UN GRANDE INTERESE NA REPRESENTACIÓN DESTA OBRIÑA INFANTIL: "DON RATO BUSCA UN OBREIRO". ESPERAMOS QUE O PASARADES MOI BEN CON ELAS.






















ACTÚAN AS MAMIS NO COLE


Se queredes ver algunhas fotos da actuación facede clic na imaxe.


Tamén poidemos disfrutar da obra representada polos nenos e nenas de 2º B. BONITO DOCUMENTAL. NORABOA RAPACES !!



VENRES, 20 DE MAIO
ÁS 12,30 DA MAÑÁ POIDEMOS VOLTAR A SABOREAR UN POUCO MAÍS DE TEATRO.
ESTA VEZ OS PROTAGONISTAS FORON OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS A E OS ALUMNOS/AS DE 2ºD QUE O FIXERON FANTÁSTICO. DESDE AQUÍ O NOSO APLAUSO PARA TODOS ELES.


5 ANOS A

2ºD
ESPERAREMOS CON ILUSIÓN A SEGUINTE MOSTRA E... QUE VIVA O TEATRO!!

jueves, 19 de mayo de 2011

NORABOA MAMIS


VAI DESDE AQUÍ A MIÑA NORABOA PARA ESAS TEATREIRAS QUE HOXE NOS FIXERON PASAR A TODOS, SOBRE TODO AOS PEQUES DO COLE, UN RATO MOI AGRADABLE E DIVERTIDO. ESTIVÉCHEDES XENIAIS E MOI, PERO QUE MOI GUAPAS. FACÉDELLE CHEGAR AS GRAZAS Á MAQUILLADORA POIS FIXO UN TRABALLO FANTÁSTICO.
AS FLORES.... PRECIOSAS. COMA SEMPRE ASÍ DE DETALLISTAS. MUACCCCC.
Cando consiga algunha foto... pois subireina ao blogue.
REPORTEIRO, ASÍ ME GUSTA, PARECES MERECEDOR DO TEU POSTO. ESPERAREMOS, DE TÓDOLOS XEITOS, VER O RESULTADO DO TEU TRABALLO, JAJAJA.
SAÚDOS PARA TODOS

viernes, 13 de mayo de 2011

ANIVERSARIO DE CLAUDIA

HOXE POIDEMOS FESTEXAR O ÚLTIMO ANIVERSARIO DESTE MES DE MAIO, O DE CLAUDIA.
E COMA SEMPRE, COMIMOS ESTUPENDAMENTE: UNHA RICA TARTA DE FRESAS CON NATA
( feita, segundo nos dixo Claudia, pola súa veciña Tere. Así dá gusto co vecindario. Tere, a tarta estaba riquíiiiiisima; graciñas por permitirnos poder saboreala). TAMÉN COMIMOS GUSANIÑOS VARIOS, PATACAS FRITAS, GALLETAS SALADAS... EN FIN, QUE NOS POÑEMOS AS BOTAS. MENOS MAL QUE DESPOIS SEMPRE GASTAMOS ENERXÍAS BAILANDO E BAILANDO SEN PARAR.
A DISFRUTAR DAS FOTOS FAMILIAS.
E DEICA O MÉRCORES.






13/05/2011

DON MOUCHO RESPONDE


XA TEMOS RESPOSTA Á PREGUNTA DESTA SEMANA.
O SABOR QUE NON PODEN PERCIBIR OS GATOS É ... O SABOR DOCE.
ESTA VEZ NON HOUBO SORTE, PERO TODOS OS QUE PARTICIPARON MARCHARON MOI CONTENTOS PARA CASA CUN CHUPA-CHUPS.
ESPERAREMOS A SEGUINTE PREGUNTA DE DON MOUCHO E A SEGUIR ASÍ DE PARTICIPATIVOS.

martes, 10 de mayo de 2011

DON MOUCHO QUERE SABER


DON MOUCHO FAINOS ESTA SEMANA UNHA NOVA PREGUNTA.
VEÑA, CHICOS, A PARTICIPAR TODOS, E SOBRE TODO A APRENDER MOITAS COUSIÑAS NOVAS.

viernes, 6 de mayo de 2011

DON MOUCHO


E COMA TODOS OS VENRES DAMOS A RESPOSTA Á PREGUNTA SEMANAL DE DON MOUCHO.
A RÚA MÁIS LONGA DE ESPAÑA ESTÁ NA CIDADE DE BARCELONA E MIDE SOBRE UNS 13 KM.
ESTA SEMANA TIVEMOS GAÑADOR, ADRIÁN . NORABOA !!, ESPERAMOS QUE CHE GUSTE O AGASALLO.
E PARA TODOS OS DEMAIS QUE CONCURSARON ...UN RICO CHICLE.

miércoles, 4 de mayo de 2011

DON MOUCHO QUERE SABER


VEÑA PEQUES, QUE DON MOUCHO ESTÁ ESPERANDO, ESTA SEMANA, A VOSA RESPOSTA.

sábado, 30 de abril de 2011

ANIVERSARIO DE CARLA

ESTE VENRES FESTEXAMOS O SEXTO ANIVERSARIO DE CARLA. MENUDO PEDAZO DE TARTA CASEIRA QUE NOS TROUXO, DE GALLETA E CHOCOLATES VARIOS, E TIÑA GOMINOLAS... ESTABA MOOIII RICA. TAMÉN COMIMOS PATATILLAS, PALITOS, COMBINADOS... E MÁIS COUSIÑAS. DEIXAMOS ALGO PARA PICOTEAR O LUNS. COMA SEMPRE PASÁMOLO MOI BEN E NON PODÍAMOS REMATAR O CUMPLE SEN FACER O QUE MÁIS NOS GUSTA: MÚSICA E... A BAILAR!!! E COMO AGASALLO TRÓUXONOS UN GLOBO PARA CADA UN DE NÓS. QUE BEN!! MOITAS FELICIDADES CARLA E QUE SEXAN MOOIITOSS MÁIS.





30/04/2011

video
video

martes, 26 de abril de 2011

EXCURSIÓN Á GRANXA-ESCOLA "O KIRIKO"

MAMI E PAPI:
Hoxe martes foi un día especial. Poidemos visitar e disfrutar da granxa- escola "O KIRIKO" e do seu fermoso contorno natural.
Pola mañá convertímonos en cociñeiros/as, amasamos e amasamos...e cada un de nós fixo unha rosquilla. O resto da mañá adicámolo a observar e aprender cousiñas sobre algúns animais, aves sobre todo, aínda que tamén había mapaches.
A iso das 13,00 horas comimos todos xuntos: croquetas, macarróns con carne e iogur.
Despois de xantar... parque!! Xogamos nos bambáns, subimos, trepamos, escalamos...e como nos tentaba o campo de fútbol algúns pedimos un balón aos monitores. A continuación chegou o momento do percorrido polo bosque, fixemos xogos dirixidos e tamén descubrimos e identificamos sons e animais do campo: ovellas, vacas, cabalos...
Sobre as 16,00 horas merendamos un rico bocata, bebimos moooita auga, collimos as nosas chaquetas e nos despedimos dos monitores que tan ben nos trataron, ahh, e tamén dos cans da granxa que eran mooii cariñosos.
Non nos podemos queixar pois o día estivo estupendo para disfrutar das actividades ao aire libre.
Ao chegar ao noso cole as profes repartiron as rosquillas feitas na granxa que axiña probamos, non sabemos se por fame ou por curiosidade.
En fin, esperamos descansar ben esta noite despois de convertirnos en granxeiros por un día.






GRANXA KIRIKO

lunes, 18 de abril de 2011

OLA FAMILIAS. XA SABEDES QUE O MARTES 26 DE ABRIL, DÍA QUE REGRESAMOS DAS VACACIÓNS DE SEMANA SANTA, TEMOS... EXCURSIÓN !!!. A GRANXA ESCOLA "O KIRIKO" ( Soutelo de Montes) ESPERA POR NÓS, POLOS NENOS E NENAS DE 5 ANOS E AS SÚAS MESTRAS. UNHA GRANXA QUE PRETENDE O COÑECEMENTO DO MEDIO RURAL, O CONTACTO COA NATUREZA, A CONVIVENCIA E O RESPECTO CARA AOS ANIMAIS... A TRAVÉS DUNHA SERIE DE ACTIVIDADES DIRIXIDAS POR PROFESIONAIS. LEMBRADE QUE NON TENDES QUE LEVAR MOCHILA, TAN SÓ ROUPA E CALZADO CÓMODO, GANAS DE OBEDECER, DE SABER COMPORTARSE, DE APRENDER, DE DIVERTIRSE E DE PASALO MOI, PERO QUE MOI BEN. UN SAÚDO E FELIZ SEMANA SANTA PARA TODOS E TODAS.

viernes, 15 de abril de 2011

EXCURSIÓN AO PARQUE DE SALVATERRA

MENUDA MAÑÁ TAN DIVERTIDA. REPETIMOS UN ANO MÁIS SAÍDA A SALVATERRA E COMA SEMPRE TODO UN ÉXITO. COMO XA VOS ANUNCIEI CON ANTERIORIDADE A ÚNICA ACTIVIDADE DO DÍA DE HOXE SERÍA XOGAR, XOGAR, E XOGAR. ESTA VEZ SEN OS PAPIS, ESTA VEZ... COS COMPIS DO COLE. DISFRUTARON DO LINDO, CORRERON, TREPARON, SALTARON, PROBARON TODOS OS COLUMPIOS... E GASTARON MOOOOOITAS ENERXÍAS, E AÍNDA QUE LEVARON A SÚA COMIDA ALGÚN QUE OUTRO, DE REGRESO AO COLE, COMENTABA QUE XA TIÑA FAME. SON INCANSABLES ESTAS CRIATURAS, BUFFFF!! AQUÍ VOS DEIXO UN RECORDO, COMA SEMPRE EN FOTOS, DO DÍA DE HOXE. ESPERO QUE AS DISFRUTEDES EN FAMILIA.









Parque de Salvaterra
NORABOA PATRICIA!! XA FORMAS PARTE DO NOSO CLUB DO MELLADO. ESPERO QUE O RATO PÉREZ SE ACORDE DE TI. E IGUAL QUE TODOS OS MEMBROS RECIBES O TEU DIPLOMA. XA COMPROBEI A ILUSIÓN QUE CHE FIXO, AGORA ESPERO QUE O COIDES DURANTE MOITO TEMPO.

jueves, 14 de abril de 2011

PEQUES, MAÑÁ EXCURSIÓN AO PARQUE DE SALVATERRA. TODA A MAÑÁ PARA XOGAR, XOGAR E XOGAR COS COMPIS...UN BO XEITO DE RECIBIR AS VACACIÓNS DE SEMANA SANTA. LEMBRADE TRAER ROUPIÑA CÓMODA PARA TROULEAR MOITO E UN BOCATA PARA RECARGAR ENERXÍAS .
A GORRA XA A TENDES NA CLASE.
SEGURO QUE VAI SER UN DÍA MOI DIVERTIDO.

DON MOUCHO

XA TEMOS RESPOSTA Á PREGUNTA DE DON MOUCHO: OS OCÉANOS DA TERRA SON 5 E O MÁIS GRANDE DE TODOS É... O OCÉANO PACÍFICO. ESTA VEZ NON HOUBO SORTE POIS O PREMIO FOI PARA UNHA NENA DA OUTRA CLASE DE 5 ANOS. ALEGRÁMONOS POR ELA. E NÓS, MOI CONTENTOS, CONFORMÁMONOS CON LEVAR PARA CASA UNS RICOS LACASITOS.

miércoles, 13 de abril de 2011

ANIVERSARIO DE SARA E DIEGO

E DESPOIS DUN PARÓN DE MÁIS OU MENOS DOUS MESES, POR FIN CUMPLES !!! A VERDADE É QUE XA TIÑAMOS GANAS DE COMILONA. ESTA VEZ PROBAMOS TODOS, TODOS, TODOS, UN ROSCÓN QUE ESTABA DE VICIO. DIEGO DIXO QUE O FIXERA ROS, A NAI DE JEREMY. ROSSS, SE É VERDADE O QUE CONTA DIEGO ESTÁS APROBADA. XA SABES, CANDO QUEIRAS... TAMÉN COMIMOS GUSANIÑOS, COMBINADOS, GALLETAS... TODO RICO, RICO. E AO IRNOS PARA CASA UN CHUPA-CHUPS. NON NOS PODEMOS QUEIXAR.





13/04/2011
Se queredes ver as fotos facede clic na imaxe.
PARA QUE COMPROBEDES A MARCHA QUE TEMOS AQUÍ VOS DEIXO ESTES VÍDEOS.
video
video
video

martes, 12 de abril de 2011

DON MOUCHO QUERE SABER

ESTA SEMANA DON MOUCHO FAINOS UNHA NOVA PREGUNTA PARA QUE SIGAMOS INVESTIGANDO E APRENDENDO MÁIS COUSIÑAS. QUERE SABER CANTOS OCÉANOS HAI NA TERRA E CAL DELES É O MÁIS GRANDE. VEÑA, ANIMÁNDONOS TODOS A PARTICIPAR. O xoves será o último día para entregar a papeleta.

viernes, 8 de abril de 2011

DON MOUCHO


XA TEMOS RESPOSTA Á PREGUNTA DE DON MOUCHO DESTA SEMANA. A CIDADE MÁIS POBOADA DO MUNDO É TOKIO, E ATÓPASE NUN PAÍS CHAMADO XAPÓN. ACERTÁCHEDES MOITOS DE VÓS E A PAPELETA GAÑADORA FOI ESTA VEZ A DE GABRIEL, DA NOSA CLASE. NORABOA GABRIEL, QUE DISFRUTES DO AGASALLO. E OS DEMAIS ,POR PARTICIPAR, LEVÁCHEDES PARA CASA UNHA PEGATINA.QUE SORTE!! A ESPERAR A PREGUNTIÑA DO LUNS.

miércoles, 6 de abril de 2011

VISITAMOS A BIBLIOTECA-MUSEO DE PONTEAREAS

Hoxe despois do recreo fomos visitar a BIBLITECA- MUSEO MUNICIPAL de Ponteareas coa nosa profe e con Pepa. Moitos dos nenos e nenas xa a coñecían grazas as súas familias que fan uso dela. Estivemos na sala preparada para os máis pequenos, e alí parámonos un chisco a mirar e ler algún contiño. Nos ensinaron as salas onde van os maiores e alí tivemos que estar mooooi caladiños pois había xente estudando. Tamén vimos o lugar onde atopar revistas, xornais... e a sala dos ordenadores. Por último entramos no museo, alí había moitas cousas e que non debiamos tocar, pero iso costounos un pouco, quizais por falta de costume, e... porque no fondo somos nenos e as nosas mans unha forma máis de explorar. Había tantas cousas que só observamos algunhas, pero o que máis nos chamou a atención foi un coche de bombeiros moooiii antigo.





VISITAMOS A BIBLIOTECA MUNICIPAL
SE QUEREDES VER AS FOTOS FACEDE CLIC NA IMAXE NA BIBLITECA DIXÉRONOS QUE TODOS OS XOVES DE 6 A 7 DA TARDE HAI SESIÓN DE CONTACONTOS. PODES LEVARME Á BIBLIOTECA, DEIXARME ALÍ E RECOLLERME ÁS 7. NON É MALA PROPOSTA PARA ALGÚN XOVES, VERDADE??.

DON MOUCHO QUERE SABER...

DON MOUCHO QUERE SABER ESTA SEMANA CAL É A CIDADE CON MÁIS HABITANTES DO MUNDO E EN QUE PAÍS ESTÁ. ESPEREMOS QUE ESTA SEMANA TEÑAMOS SORTE. PERO HAI QUE ESPERAR ATA O VENRES. Lembrade que as respostas non poden vir escritas por adultos. VEÑA, ANIMARSE A PARTICIPAR!!

lunes, 4 de abril de 2011

APRENDIZAXE DA LECTO-ESCRITURA

SEGUIMOS XOGANDO E APRENDENDO COAS NOSAS AMIGAS AS LETRAS. O XOGO ADÁPTASE A DIFERENTES RITMOS DE APRENDIZAXE POR ISO PODEDES ATOPAR DIFERENTES NIVEIS E ASÍ XOGAR COAS LETRAS QUE QUEIRADES. VEÑA PEQUES, A LER E ESCRIBIR UN POUCO, A VER QUE TAL VOS VAI.

sábado, 2 de abril de 2011

DON MOUCHO

XA TEMOS RESPOSTA Á PREGUNTA DE DON MOUCHO DESTA SEMANA. NO ANO 1969 NEIL ARMSTRONG, COMANDANTE DA NAVE APOLO XI, CONVERTÍASE NO PRIMEIRO HOME QUE PISABA A LÚA. ESTA VEZ NON HOUBO SORTE CO SORTEO PERO COMO PREMIO POR PARTICIPAR POIDEMOS LEVAR PARA CASA UNHA RICA MOEDA DE CHOCOLATE. Esperamos a pregunta da próxima semana e... seguiremos participando.

jueves, 31 de marzo de 2011

INVASIÓN GALÁCTICA

E CHEGOU O DÍA NO QUE A NOSA AULA IBA A SER INVADIDA POR UNHA MOREA DE ROBOTS. HOXE CASE NON CABEMOS NA CLASE, IMAXINADE 24 NENOS/AS MÁIS 24 ROBOTS, MENUDO AMBIENTE!! A EXPERIENCIA FOI MOI GRATA: POIDERON PRESENTARNOS O SEU ROBOT,DICÍNDONOS O SEU NOME, NOS CONTARON O MATERIAL QUE UTILIZARON, QUEN LLES AXUDOU A FACELO, OBSERVAMOS ATENTOS OS ROBOTS DE ÚLTIMA TECNOLOXÍA... CADA NENO DEBUXOU O SEU ROBOT NUNHA FICHA... EN FIN, QUE DÁ GUSTO TRABALLAR CON FAMILIAS TAN ENTREGADAS, INXENIOSAS, DIVERTIDAS, COLABORADORAS E PARTICIPATIVAS. MENUDAS OBRAS DE ARTE FIXÉCHEDES, INCREÍBLE COMO VOS ESMERADES. TAN SÓ VOS TEÑO QUE DICIR ... NORABOA AOS 24!! AQUÍ PODEDES DISFRUTAR DE DOUS VÍDEOS DOS ROBOTS MÁIS SOFISTICADOS, JAJAJA.
video
video






INVASIÓN GALÁCTICA
SE VOS APETECE VER AS FOTOS FEITAS HOXE FACEDE CLIC NA IMAXE.