ir arriba

jueves, 31 de marzo de 2011

INVASIÓN GALÁCTICA

E CHEGOU O DÍA NO QUE A NOSA AULA IBA A SER INVADIDA POR UNHA MOREA DE ROBOTS. HOXE CASE NON CABEMOS NA CLASE, IMAXINADE 24 NENOS/AS MÁIS 24 ROBOTS, MENUDO AMBIENTE!! A EXPERIENCIA FOI MOI GRATA: POIDERON PRESENTARNOS O SEU ROBOT,DICÍNDONOS O SEU NOME, NOS CONTARON O MATERIAL QUE UTILIZARON, QUEN LLES AXUDOU A FACELO, OBSERVAMOS ATENTOS OS ROBOTS DE ÚLTIMA TECNOLOXÍA... CADA NENO DEBUXOU O SEU ROBOT NUNHA FICHA... EN FIN, QUE DÁ GUSTO TRABALLAR CON FAMILIAS TAN ENTREGADAS, INXENIOSAS, DIVERTIDAS, COLABORADORAS E PARTICIPATIVAS. MENUDAS OBRAS DE ARTE FIXÉCHEDES, INCREÍBLE COMO VOS ESMERADES. TAN SÓ VOS TEÑO QUE DICIR ... NORABOA AOS 24!! AQUÍ PODEDES DISFRUTAR DE DOUS VÍDEOS DOS ROBOTS MÁIS SOFISTICADOS, JAJAJA.
video
video






INVASIÓN GALÁCTICA
SE VOS APETECE VER AS FOTOS FEITAS HOXE FACEDE CLIC NA IMAXE.

lunes, 28 de marzo de 2011

DON MOUCHO

DON MOUCHO QUERE SABER ESTA SEMANA EN QUE ANO PUXO O HOME POR PRIMEIRA VEZ O PÉ NA LÚA. VEÑA FAMILIAS, A INVESTIGAR E A PARTICIPAR. XA SABEDES QUE TEDES TODA A SEMANA PARA ENTREGAR A PAPELETA E LEMBRADE QUE DEBE SER CUBERTA POLO NENO/A.

sábado, 26 de marzo de 2011

SUMAS CON DADOS

XOGAMOS UN POUCO A SUMAR? VEÑA, SUMA OS PUNTOS DOS DADOS, ESCRIBE O NÚMERO USANDO O TECLADO DO ORDENADOR E SE ACERTAS MOVERASE A BOLIÑA DE CORES. MOITA SORTE, PEQUES. FAI CLIC NOS DADOS PARA COMEZAR A XOGAR

viernes, 25 de marzo de 2011

DON MOUCHO

XA TEMOS RESPOSTA Á PREGUNTA DE DON MOUCHO. O MAR QUE NON EXISTE É... O MAR AZUL.
XA SABEDES QUE HAI 3 GAÑADORES, UN POR NIVEL.
E O GAÑADOR DE 6º DE ED. INFANTIL FOI... PEDRO. NORABOA, XA TES O TEU AGASALLO !!.
Os demais nenos e nenas que participaron entregando a papeleta recibiron un globo.
Veña, a seguir animados, que o luns toca nova pregunta.


MAR NEGRO: SEPARA EUROPA ORIENTAL DE ASIA OCCIDENTAL.

MAR AMARELO: EN ASIA.

MAR VERMELLO : SITUADO ENTRE ÁFRICA E ASIA.

jueves, 24 de marzo de 2011

DON MOUCHO

XA ESTÁ DE NOVO CON TODOS NÓS DON MOUCHO, A MASCOTA DA BIBLIOTECA, E AS SÚAS PREGUNTIÑAS QUE NOS AXUDAN A BUSCAR, PENSAR, INVESTIGAR...

ESTA SEMANA QUERE SABER CAL É O MAR QUE NON EXISTE. SERÁ O AZUL?, O VERMELLO?, O AMARELO?, O NEGRO?
MAÑÁ VENRES COÑECEREMOS A RESPOSTA CORRECTA E O NOME DO GAÑADOR OU GAÑADORA DESTA SEMANA. MOITA SORTE A TODOS OS NENOS E NENAS DE INFANTIL.

INVENTORES DE ROBOTS


VEÑA FAMILIAS, QUE SEMPRE VOS GUSTOU SER INVENTORES, A QUE SÍ??
A ANIMARSE TODOS E TODAS CO DESEÑO E INVENCIÓN DO VOSO ROBOT RECICLADO. SEGURO QUE VAN QUEDAR TODOS MOI CHULIS.
GRACIÑAS POLO VOSO INTERESE E POR COLABORAR COS VOSOS FILLOS NAS ACTIVIDADES ESCOLARES. ELES SEGURO QUE VOLO AGRADECERÁN.

Lembrade que o robot deberán levalo ao cole o xoves, 31 de marzo.
AHH, e non olvidedes que necesita un nome.

viernes, 18 de marzo de 2011

E... DO DITO AO FEITO. CLAUDIA XA TEN NAS SÚAS MANS OS BOMBÓNS QUE HOXE IRÁN PARA A SÚA CASA. QUE OS DISFRUTEDES FAMILIA.


E LÚA DE ALGODÓN NON SE PODÍA OLVIDAR DE DÚAS FAMILIAS QUE LEVAN MOITO TEMPO DÁNDOLLE MOI BEN DE COMER COS SEUS COMENTARIOS, E O NOSO BLOGUE QUERE AGRADECERLLO TAMÉN CUNHA CAIXA DE BOMBÓNS. GRACIÑAS FAMILIA DE CARLA E LUCÍA POLA VOSA FIDELIDADE E APOIO.

jueves, 17 de marzo de 2011

O SORTEO

E POR FIN CHEGOU O DÍA DO ESPERADO SORTEO.
DECIDIMOS QUE PODÍA SER LAURA, A GAÑADORA DO ANO PASADO, A MAN INOCENTE QUE SACASE O NÚMERO. E ASÍ O FIXO, DÁNDOLLE MOOOOITAAA SORTE AO NÚMERO 3.



A NOSA NORABOA PARA MÓNICA E CLAUDIA.
MAÑÁ VENRES UNS DELICIOSOS BOMBÓNS IRÁN PARA A VOSA CASA.

GRACIÑAS A TODAS AS FAMILIAS QUE PARTICIPARON, E... OUTRA VEZ SERÁ.

miércoles, 16 de marzo de 2011

FAMILIAS QUE PARTICIPAN NO SORTEO

PECHADO XA O PRAZO PARA ELEXIR O NÚMERO SINALO A CONTINUACIÓN AS FAMILIAS QUE PARTICIPAN NO SORTEO DO XOVES.

ADRIÁN 8
LUCÍA
5
PABLO 10
DIEGO
12
SARA 6
HÉCTOR
7
CARLA 19
HUGO
16
AINHOA 2
CLAUDIA
3
CLOE
23


MOITA SORTE FAMILIAS

viernes, 11 de marzo de 2011



OLA FAMILIAS. ESTAMOS A PIQUES DE FESTEXAR O SEGUNDO ANIVERSARIO DE LÚA DE ALGODÓN. E XA SABEDES O QUE TOCA, VERDADE? UN NOVO SORTEO DUNHA RICA, RICA, CAIXA DE BOMBÓNS.
PARA PARTICIPAR TAN SÓ TENDES QUE ESCRIBIR UN NÚMERO NO COMENTARIO ( DO 1 AO 25).
PODEDES PARTICIPAR ATA O MÈRCORES 16 DE MARZO. O XOVES 17 UNHA MAN INOCENTE SACARÁ UN NÚMERO QUE SERÁ PUBLICADO POLA TARDE NO BLOGUE E O VENRES 18 UNHA CAIXA DE BOMBÓNS PODE IR PARA A VOSA CASA A ENDULZARVOS A FIN DE SEMANA.
VEÑA, ANIMARSE A PARTICIPAR !
E MOITA SORTE !!
No sorteo tan só poden participar as familias dos nenos e nenas da clase.

viernes, 4 de marzo de 2011

DESFILE DE ENTROIDO

POR FIN VENRES, O DÍA DO DESFILE, O DÍA DE SOÑAR COS... CONTOS. ESTABAMOS ANSIOSOS DE QUE CHEGARA ESTE DÍA, CON MOITAS GANAS DE DISFRAZARNOS. E ASÍ DE RECHULIS QUEDARON ESTES ANANIÑOS. ESTÁN GUAPOS, VERDADE??




FOTOS DESFILE

Un saúdo e FELIZ ENTROIDO . Vémonos o XOVES 10 DE MARZO

jueves, 3 de marzo de 2011

VENRES DESFILE

E MAÑÁ VENRES, ÁS 11,50 h, ESTADES TODAS E TODOS INVITADOS AO DESFILE DO COLE, INVITADOS ESTE ANO A DISFRUTAR... DOS "CONTOS"

AS ORDES DO MECO. MERENDOLA DE ENTROIDO.

video
HOXE XOVES CHEGAMOS TODOS CONTENTOS AO COLE CO NOSO DISFRACE FAVORITO E CON PAQUETES E BOLSAS DE COMIDA RICA, RICA, RICA. A MAÑÁ DEU PARA MOITAS COUSAS: PARA QUE A PROFE NOS FIXERA FOTOS A CADA UN DE NÓS, PARA REALIZAR UN PAR DE FICHAS, PARA A COMILONA DE ENTROIDO, PARA XOGAR E XOGAR NO PARQUE, PARA BAILAR NA CLASE...XA VEDES CANTAS COUSAS FIXEMOS E A SEMANA AÍNDA NON REMATOU. Facede clic na imaxe se queredes ver aos vosos compañeiros disfrazados.





O MEU DISFRACE FAVORITO
E CHEGOU O MOMENTO DE POÑERNOS AS BOTAS : FILLOAS, ORELLAS, ROSQUILLAS...E MOITAS COUSAS MÁIS. COMA SEMPRE... TODO MOOIII RICO. GRACIÑAS FAMILIAS UN ANO MÁIS POLA VOSA COLABORACIÓN. E DESPOIS DE COMER... A DESCARGAR ENERXÍAS XOGANDO E XOGANDO SEN PARAR.





COMILONA DE ENTROIDO
Se queredes disfrutar das fotos facede clic na imaxe.

miércoles, 2 de marzo de 2011

AS ORDES DO MECO

E MAÑÁ XOVES... GRAZAS Á COLABORACIÓN E ÁS HABILIDADES CULINARIAS DE MOITAS FAMILIAS... COMILONA DE ENTROIDO NO PARQUE DE INFANTIL !!

SEGURO QUE VAI ESTAR TODO BOÍIIISIMOOOO!
E.. NON ESQUEZADES VIR DISFRAZADOS.



Para tomar a merendola cos teus amigos
o xoves terás que vir vestido
co teu disfrace preferido

MÉRCORES: ADORNO NA CABEZA

SEGUNDO DÍA DAS ORDES DO MECO E SEGUIMOS IGUAL DE ANIMADOS QUE O PRIMEIRO.
ESTES RAPACES E RAPAZAS CHEGARON HOXE AO COLE GUAPOS, GUAPÍSIMOS CO SEU ADORNO NA CABEZA. ASÍ ME GUSTA, PEQUES.

MÉRCORES: ADORNO NA CABEZA

Se queredes ver todas as fotos facede clic na imaxe.

martes, 1 de marzo de 2011

AS ORDES DO MECO

A túa cabeza adornarás
e algo divertido
o mércores traerás

MARTES: CARA PINTADA

E TODOS, TODOS, TODOS, CUMPRIMOS MOI BEN ESTA PRIMEIRA ORDE DO MECO. VIÑEMOS GUAPÍSIMOS AO COLE COA NOSA CARA PINTADA. SE QUEREDES VER MÁIS FOTOS FACEDE CLIC NA IMAXE.
MARTES: CARA PINTADA