ir arriba

jueves, 31 de diciembre de 2009

MÚSICA E.... A BAILARRRRR.

OLA FAMILIAS, NON PENSEDES QUE VOU SER EU O ÚNICO ELFO DO BLOGUE. NON, NON... AQUÍ ESTÁN OS VOSOS PEQUES E MENUDA MARCHA QUE LEVAN, QUE NINGUÉN DIGA O CONTRARIO. FACEDE CLIC NAS IMAXES E O PODEREDES COMPROBAR ( Hai que ter algo de paciencia para que carguen os videos, pero merece a pena).






martes, 22 de diciembre de 2009

FELICES FESTAS


MENUDA SORPRESA !!!

MENUDO SORPRESÓN CANDO VOS VEXO ENTRAR A TODAS NA CLASE CON ESA MARCHA, O CHAMPAGNE (ou sería sidra?? non me lembro...), OS VASOS E O TURRÓN. TAN SÓ VOS FALTABAN AS PANDEIRETAS E A ZAMBOMBA, JAJAJAJA.
SODES FANTÁSTICAS, GRAZAS POLO DETALLE. A VERDADE É QUE A MIN ME ENCANTAN ESTAS COUSAS, VAIA NAIS MARCHOSAS QUE ME TOCARON, E PARECÍADES TAN MODOSITAS, SOBRE TODO TI MARY, JAJAJAJA.
BICOS PARA TODAS E AQUÍ VOS DEIXO AS FOTOS.

ANIVERSARIO DE CLOE

E POR FIN O CUMPLE QUE NOS FALTABA, O ÚLTIMO DESTE ANO 2009.
AQUÍ VEMOS A CLOE CONCENTRADA NA DECORACIÓN DA SÚA COROA.


A QUE ESTÁ GUAPETONA???

O ANIVERSARIO DE CLOE CELEBRÁMOLO NUN DÍA MOI ESPECIAL:O DÍA QUE DAMOS AS VACACIÓNS DE NADAL. E ADEMAIS DURANTE O CUMPLE RECIBIMOS UNHA MOI GRATA SORPRESA: ENTROU PAPÁ NOEL CON ALGÚNS AXUDANTES E DEULLES A CADA NEN@ UN AGASALLO, A MIN NON ME DEU NADA, JOOOO, NON HAI DEREITO, EU PÓRTOME MOI BEN. BUAAAA, BUAAAA. TEREI QUE FALAR SERIAMENTE CON PAPÁ NOEL. BUENO, DISFRUTADE DAS FOTOS.




sábado, 19 de diciembre de 2009

 
Posted by Picasa

sábado, 12 de diciembre de 2009

AS FAMILIAS DECORAN UN BONECO DE NEVE



OLA FAMILIAS, DISFRUTADE DO RESULTADO DO VOSO TRABALLO E ESFORZO, DA VOSA ILUSIÓN E CREATIVIDADE.

GRACIÑAS A TOD@S PORQUE ESTAS ACTIVIDADES EN FAMILIA NON PODERÍAN SER UNHA REALIDADE SEN A VOSA IMPLICACIÓN.

viernes, 11 de diciembre de 2009

SAÍDA A INDIANA BILL, NA RAMALLOSA

POR FIN CHEGOU O DÍA ESPERADO, O DÍA DA EXCURSIÓN. ONTE XOVES SAÍMOS DO COLE CONTENTOS E CON MOITA ILUSIÓN POIS IBAMOS TER UN DÍA ESPECIAL; NOS ESPERABA INDIANA BILL, NA RAMALLOSA, UN LUGAR ESPACIOSO PARA XOGAR, SALTAR, TREPAR, ESCALAR, TIRARSE POLO CHAN, NADAR E BUCEAR ENTRE BOLAS DE CORES...ASÍ DE BEN O PASAMOS!!

E CHEGOU O MOMENTO DE COMER!!!
CON TANTO EXERCICIO FÍSICO ENTROUNOS A FAME, AÍNDA QUE ALGÚNS DE NÓS ASUSTÁMONOS UN POUCO AO VER O TREMENDO BOCATA QUE NOS DERON AS MONITORAS. SEGURO QUE NINGUÉN QUEDOU CON FAME!!

AQUÍ ESTAMOS TODOS XUNTOS ESPERANDO INSTRUCIÓNS PARA FACER FILAS E PREPARARNOS PARA MARCHAR.


E REGRESAMOS AO COLE NO AUTOBÚS. FOI UNHA MAÑÁ ESTUPENDA E.. AGOTADORA ( Aínda que algún chegou fresco coma unha rosa, eu non sei que pilas lles pondes).

lunes, 7 de diciembre de 2009

OLA PEQUES.QUE TAL VAN OS DEBERES DESTA LONGA FIN DE SEMANA??? ESPEREMOS QUE BEN. SEGURO QUE O DEBUXO VAI QUEDAR MOI CHULI, TENDO EN CONTA O QUE VOS ESFORZÁCHEDES O ANO PASADO COA ÁRBORE, LEMBRADES???.
E DE MEMORIA COMO ANDAMOS?? XA SABEDES O TEXTO PARA A FUNCIÓN DE NADAL? HAI QUE EMPEZAR PRONTO A ENSAIAR. TODOS A RECITAR NA CASA, QUE A FAMILIA ESTÁ AÍ PARA AXUDARVOS NESTA NOVA MISIÓN(esperemos que non sexa unha misión imposible).
DEICA O MÉRCORES

sábado, 28 de noviembre de 2009

TV PARA NAIS/PAIS

MAMIS, PAPIS... HOXE ADICÁMOSLLE UN ANAQUIÑO DO NOSO TEMPO A REFLEXIONAR SOBRE UNHA CUESTIÓN EN CONCRETO: COLABORAN OS VOSOS PEQUES NA CASA??.
AQUÍ VOS DEIXO UN VÍDEO DE TV PARA PAIS QUE VOS PODE ORIENTAR.


ESPERO OS VOSOS COMENTARIOS SOBRE DITO TEMA.

COLOREO NO ORDENADOR

AHHH! PEQUES, QUE NON TENDES IMPRESORA?? POIS A COLOREAR NO ORDENADOR, ASÍ DÁMOSLLE UN DESCANSO Á MAN, QUE O NECESITA. FACEDE CLIC NA IMAXE PARA PODER EMPEZAR. ESPERO QUE VOS DIVIRTADES.

miércoles, 25 de noviembre de 2009

COLOREAMOS NA CASA?

OLA PEQUES, AQUÍ VOS DEIXO UNHA PÁXINA WEB PARA AS FAMILIAS QUE TENDES IMPRESORA .
PODEDES ATOPAR MOITÍSIMOS DEBUXOS, XA CLASIFICADOS, PARA COLOREAR NA CASA, CANDO TEÑADES GANAS... OU FAGA MOITO FRÍO NA RÚA, OU ESTEDES ABURRIDOS...


FAI CLIC NA IMAXE DE CAILLOU

domingo, 22 de noviembre de 2009

XOGAMOS ÁS CONSTRUCIÓNS?

OLA PEQUES, HOXE QUÉROVOS INVITAR A UNHA FORMA NOVA DE XOGAR ÁS CONSTRUCIÓNS, ANIMÁDESVOS??? POIS ADIANTE... FACEDE CLIC NA IMAXE E PODEREDES EMPEZAR.
Xa me contaredes que tal se vos dá.

viernes, 20 de noviembre de 2009

ANIVERSARIO DE JEREMY E PEDRO

HOXE VENRES TIVEMOS OUTRA FESTA MÁIS DE ANIVERSARIO (non vexades como van contando os días no calendario esperando a festa) E COMA SEMPRE... TOCA DECORAR AS COROAS.



QUE GUAPOS E RICOS CANDO ESTÁN QUIETIÑOS E CALADIÑOS!!


DISFRUTADE DAS FOTOS (menuda comilonaaaa,dúas tartas, galletas e moita ilusión).




XA SABEMOS QUE TODOS OS CUMPLES ACABAN CON BAILE E HAI ALGÚN QUE... MADRE MÍA! QUE ARTE!! SE PONDES O VÍDEO... PODÉDELO COMPROBAR. video

IZAN.... AÍNDA QUEDA MOITO QUE PRACTICAR!!! ESTE OUTRO VÍDEO VAI PARA TI.

domingo, 15 de noviembre de 2009

O CONTO DE MANEL

MAMI E PAPI,O PROFE MANEL FIXO ESTA SEMANA DE CONTACONTOS ( o martes estivo con tres aulas de infantil e o mércores coas outras tres). O CONTO TRATABA SOBRE O MILLO, ESTIVEMOS MOI ATENTOS. PERO O MELLOR DE TODO FOI QUE NOS COMENTOU QUE UN DÍA IMOS VISITAR UN MUÍÑO, SI, SI, UN MUÍÑO DE VERDADE. QUE GUAI!! A PROFE MERCHI VAINOS DAR UNHA NOTA ESCRITA ONDE SE VOS EXPLICA ESTA ACTIVIDADE E O POR QUE DELA.
AQUÍ PODEDES VER ALGUNHAS FOTOS DO DÍA DO CONTO.

GRANDE, MEDIANO E PEQUENO

OLA PEQUES, A VER QUE TAL SE VOS DAN OS TAMAÑOS GRANDE, MEDIANO E PEQUENO. SE O QUEREDES SABER TAN SÓ TEDES QUE PRACTICAR CON ESTES TRES XOGOS E FACERVOS AMIGOS DUNHA FAMILIA DE OSOS.
FAI CLIX NA IMAXE PARA PODER ELEXIR XOGO.

viernes, 6 de noviembre de 2009

ANIVERSARIO DE HÉCTOR E DE ALEJANDRA

ONTE XOVES FESTEXAMOS O ANIVERSARIO DE HÉCTOR E DE ALEJANDRA. PASÁMOLO MOI BEN, AÍNDA QUE ALEJANDRA NON TAN BEN COMO QUIXERA, POIS ESTIVO ALGO PACHUCHIÑA DURANTE O CUMPLE.
O PRIMEIRO QUE HAI QUE FACER...DECORAR AS COROAS PARA QUE QUEDEN CHULIS.


XA ESTÁN LISTOS PARA A FOTO. GUAPOS, VERDADE??


E OUTRA FESTIÑA MÁIS!!!
E ALEJANDRA QUEDOU DURMIDIÑA DURANTE A FESTA DO SEU CUMPLE, E MIRA QUE HABÍA MÚSICA, RUÍDO.... AGORA...A CHAMAR Á SÚA MAMÁ, MECACHISS, QUE LÁSTIMA!

viernes, 30 de octubre de 2009

IMOS DE MAGOSTO



HOXE VENRES A PROTAGONISTA FOI A CASTAÑA. COMIMOS, XOGAMOS, BAILAMOS, PINTÁMONOS A CARA... ASÍ FOI A NOSA FESTA DO MAGOSTO.
QUE GUAI! TEMOS GAÑADOR DO DIPLOMA CASTAÑEIRO E ADEMAIS ... AGASALLO INCLUIDO; O SEU NOME ...JEREMY, E A SÚA CASTAÑA...A MÁIS GRANDE DE TODO O COLEXIO. NORABOA !!! XA NOS CONTARÁS QUE HAI DENTRO DO PAQUETE, SEGURO QUE CHE VAI GUSTAR.
video
video
E PARA REMATAR ...ÍMONOS Á CASA A DESCANSAR, COA NOSA CESTIÑA, OS NOSOS ANTIFACES DE CASTAÑA E COAS PINTADAS NEGRAS NA NOSA CARA, SINAL DE QUE HOXE VENRES FOI... FESTA RACHADA.