ir arriba

viernes, 30 de octubre de 2009

IMOS DE MAGOSTO



HOXE VENRES A PROTAGONISTA FOI A CASTAÑA. COMIMOS, XOGAMOS, BAILAMOS, PINTÁMONOS A CARA... ASÍ FOI A NOSA FESTA DO MAGOSTO.
QUE GUAI! TEMOS GAÑADOR DO DIPLOMA CASTAÑEIRO E ADEMAIS ... AGASALLO INCLUIDO; O SEU NOME ...JEREMY, E A SÚA CASTAÑA...A MÁIS GRANDE DE TODO O COLEXIO. NORABOA !!! XA NOS CONTARÁS QUE HAI DENTRO DO PAQUETE, SEGURO QUE CHE VAI GUSTAR.
video
video
E PARA REMATAR ...ÍMONOS Á CASA A DESCANSAR, COA NOSA CESTIÑA, OS NOSOS ANTIFACES DE CASTAÑA E COAS PINTADAS NEGRAS NA NOSA CARA, SINAL DE QUE HOXE VENRES FOI... FESTA RACHADA.

ONDE LEVAMOS AS CASTAÑAS??

PARA A FESTA DO MAGOSTO FIXEMOS CESTIÑAS COS CARTÓNS DE LEITE E ZUME QUE OS NENOS TROUXERON AO COLE DURANTE ESTES DÍAS.

QUE ME DA MEDO???

SABEDES POR CASUALIDADE QUE LLE DA MEDO AOS VOSOS FILLOS/AS? ESTADE ATENTOS AOS SEUS DEBUXOS. UUHHHHHH!!!


VISITAMOS A EXPOSICIÓN DO COLE

ESTA SEMANA ESTIVEMOS VISITANDO A EXPOSICIÓN DO COLE. NÓS TAMÉN APORTAMOS O NOSO GRANIÑO DE AREA, MELLOR DITO... A NOSA MONTAÑA DE AREA. QUEDOU TODO "RECHULI".

lunes, 26 de octubre de 2009

AS CABAZAS DE CLOE

MIRADE ATENTAMENTE AS CABAZAS SECAS QUE TROUXO CLOE, SEGURO QUE ALGÚNS COÑECEDES A ESTES SIMPÁTICOS PERSONAXES. COMO DISCURRIMOS NESTE COLE!! NORABOA FAMILIAS.

viernes, 23 de octubre de 2009

ANIVERSARIO DE GABRIEL E ELOY

IMOS DECORAR AS NOSAS COROAS PARA PODER COMEZAR COA NOSA FESTAAA!!!


ASÍ DE CHULIS E GUAPOS QUEDARON ESTES DOUS AMIGUETES.


GABRIEL VEU HOXE AO COLE MOI BEN ACOMPAÑADO.


A AMIGA DE GABRIEL QUITOULLE A COROA. SERÁ QUE LLE APETECE ESTAR DE ANIVERSARIO?


O OUTONO CHEGA Á NOSA CLASE.

XA QUE ESTAMOS NO OUTONO, QUE SE EMPECE A NOTAR XA NA NOSA CLASE. TODOS A TRABALLAR... E SOBRE TODO A DISFRUTAR. A VER QUE TAL NOS QUEDA.
ASÍ DE BONITO NOS QUEDOU O MURAL DO OUTONO. ESPERAMOS QUE VOS GUSTE.

AS NOSAS CABAZAS SECAS

AQUÍ ESTÁN AS NOSAS CABAZAS , NON IBAMOS QUEDAR SEN COLABORAR NA EXPOSICIÓN. PRECIOSAS TODAS!!. MAMIS, PAPIS... CONSEGUIMOS SUPERARNOS CON RESPECTO AO CURSO PASADO, ASÍ ME GUSTA, NON ESPERABA MENOS DE VÓS. GRACIÑAS A ESTAS FAMILIAS POR PARTICIPAR NAS ACTIVIDAS PROGRAMADAS NO CENTRO.

sábado, 17 de octubre de 2009

viernes, 16 de octubre de 2009

O ANIVERSARIO DE PABLO

O XOVES FESTEXAMOS O ANIVERSARIO DE PABLO, CATRO ANOS, XA; VANSE FACENDO MAIORES OS VOSOS PEQUES, DENTRO DE POUCO XA SON UNIVERSITARIOS. COMA SEMPRE COMIMOS ESTUPENDAMENTE, CANTAMOS, BAILAMOS...FESTA RACHADA!!

PABLO QUERE LUCIR NO SEU ANIVERSARIO A SÚA COROA E PARA ISO TEN QUE DECORALA.


A QUE ESTÁ MOI GUAPETÓN???


A DECORAR CABAZAS SECAS

MAMIS E PAPIS, ESTOU ESPERANDO A VOSA COLABORACIÓN PARA QUE A EXPOSICIÓN DO CENTRO DE CABAZAS SECAS QUEDE CHULÍSIMA E TODOS POIDAMOS DISFRUTAR DELA. O ANO PASADO PARTICIPARON 4 FAMILIAS DA CLASE NA ELABORACIÓN DE XOGUETES CON MILLO E ESTE ANO INTENTAREMOS SUPERARNOS, OU QUEDARNOS IGUAL,VEÑA.
AQUÍ VOS QUEDA UNHA MOSTRA DALGUNHAS CABAZAS PRESENTADAS.
A IMAXINACIÓN AO PODERRR!!!






domingo, 11 de octubre de 2009

UNHA NOVA COMPAÑEIRA

A SEMANA PASADA CHEGOU AO NOSO COLE UNHA COMPAÑEIRA NOVA. CHÁMASE ANDREA E CON ELA XA VOLVEMOS A SER OUTRA VEZ 25 NENOS/AS.

sábado, 3 de octubre de 2009

ESTAMOS DE CELEBRACIÓN

O XOVES CELEBRAMOS NO NOSO COLE O ANIVERSARIO DOS NENOS QUE CUMPLIRON OS 4 ANOS NO VERÁN. ELES TAMÉN QUERÍAN A SÚA FESTA COS SEUS COMPAÑEIROS E PROFE, POR SUPOSTO. OS PROTAGONISTAS DESE DÍA FORON SHEILA, PAULA, ADRIÁN, IZAN E YERAY.

IMOS DECORAR AS COROAS. A VER QUE CHULIS NOS QUEDAN!





E AQUÍ ESTÁ O RESULTADO. A QUE ESTAMOS GUAPÍSIMOS??


MIRADE O QUE NOS ESPERA... QUE BOA PINTA TEÑEN ESTAS TARTAS!!!


AGORA A DISFRUTAR DA COMILONA E DA FESTA