ir arriba

viernes, 26 de junio de 2009

MOITA SORTE PARA OS TRES ANACOS DE SOL QUE DEIXAN ESTE CENTRO. SEGURO QUE VAN A SEGUIR BRILLANDO CON LUZ PROPIA NO SEU NOVO DESTINO IGUAL QUE O FIXERON AQUÍ.
GRAZAS POLO VOSO COMPAÑEIRISMO E AMIZADE.
ATA PRONTO.
As mestras de infantil desexamos que pasedes un...

jueves, 25 de junio de 2009

OLA PEQUES:
o LUNS rematou o colexio e se lembrades, para festexalo, fixemos unha rica MERENDOLA no patio. Seguro que vos apetece recordar eses bonitos e sabrosos momentos.

E despois de merendar... nada mellor que xogar.r!

sábado, 20 de junio de 2009

GÚSTAVOS A MAXIA?

Xa chegan as tan merecidas vacacións; o colexio está rematando e... que mellor forma de festexalo que... coa visita dun MAGO!
Repitamos todos as palabras máxicas : CHIHUAHUAAAAA !

UF! MENUDO DÍA DE CALOR





viernes, 12 de junio de 2009

AS VACACIÓNS DE CAILLOU

AO NOSO AMIGO CAILLOU TAMÉN LLE GUSTA MOITO O VERÁN PORQUE PODE IR DE CAMPING, Á PISCINA E Á PRAIA. DISFRUTADE DESTAS VACACIÒNS DE CAILLOU MENTRAS PENSADES, DE PASO, EN PREPARAR AS VOSAS.




CORNELIO O CANGREXO

domingo, 7 de junio de 2009

O MAR


Canta vida hai no fondo do mar! E como nos gustan os GOLFIÑOS, verdade?.

Disfrutade destes vídeos.

ACHÉGASE O VERÁN


Estes días estamos a traballar a nosa última unidade deste curso. Xa falta menos para que chegue o verán (calor, luz, roupa fresca, xeados...), o tempo de ocio, as viaxes, as vacacións... a despedida. Non esquezades, familias, as precaucións que debemos tomar, tanto nos desprazamentos coma co sol, coa auga...
O verán hanos traer as vacacións e, con elas, o final do curso.

VISITAMOS O ZOO DE VIGO



viernes, 5 de junio de 2009

AS NOSAS PLANTAS

No mes de maio vivimos unha nova experiencia: decidimos plantar FABAS, GARAVANZOS e LENTELLAS. Estivemos esperando a que naceran as plantas e foran medrando un chisco para poder ensinarvos as fotos. Agora... a seguir coidando delas e con moito cariño.





SEMANA DE TEATRO

Esta primeira semana de xuño festexamos no cole a SEMANA DO TEATRO. O mércores fomos ao ximnasio a ver unhas obriñas interpretadas por nenos e nenas de primaria. A verdade é que estivo moi entretido. Parabéns aos actores e aos mestres que os prepararon.


A nai de Paula quere amosarnos máis mascotas que ten na súa casa: PEIXES E RAS, e mandoume algunhas fotos. Queredes coñecelas?.
Os peixes laranxas están na habitación de Paula. Chámanse PEPO e PEPÍN e o pequeniño non ten nome.

As ras están na habitación do irmán de Paula xunto cun barbo que vivía primeiro cos peixes, pero como non se portaba ben cambiárono de sitio. As ras non teñen nome; en realidade son sapiños de uñas. A femia é máis grande, escura e gorda que o macho.

UN MURAL ESPECIAL



miércoles, 3 de junio de 2009