ir arriba

sábado, 28 de marzo de 2009

Fíxate nestes consellos que nos dan os nenos e nenas de 3 anos.

Cando na rúa estés e queiras cruzar...un paso de peóns debes buscar.
Antes de cruzar...que paren os coches, máis vale esperar.
Se semáforo hai e o boneco en verde está... podes pasar.
Se semáforo hai e o boneco en vermello está...debes esperar.
Se na moto vas, con ou sen présa, o casco na cabeza non che pesa.
Se no coche queredes tranquilidade...usade sempre o cinturón de seguridade.
Os nenos e nenas nun plis-plas sentaranse na parte de atrás.

martes, 24 de marzo de 2009

O CONTO VIAXEIRO DE XICO

OS NENOS E NENAS DE INFANTIL ESTAMOS A FACER UN CONTO ENTRE TODOS. AS IDEAS, OS DEBUXOS E AS LETRAS ESTÁN FEITAS POR NÓS. A VER QUE VOS PARECE ....




Realizado polos nenos e nenas de 4 anos A.




Realizado polos nenos e nenas de 5 anos A.



Realizado polas nenas e nenos de 3 anos A.



Realizado polas nenas e nenos da aula mixta de 4 e 5 anos.



Realizado polas nenas e nenos de 4 anos B.



Realizado polos nenos e nenas de 3 anos B.

Medios de transporte que van pola AUGA



TRASATLÁNTICO

BARCO VELEIRO

BARCO DE PESCA

MOTO DE AUGA

viernes, 20 de marzo de 2009

jueves, 19 de marzo de 2009

Foto de Ponteareas

Posted by Picasa

A RÚA E OS TRANSPORTES

Estes días no cole estamos a falar da RÚA e do medio en que vivimos. Fomentaremos, coa vosa axuda, un comportamento cívico, o respecto das normas de convivencia e o bo uso do mobiliario urbano. Tamén aprenderemos cousiñas sobre os medios de transporte, desenvolvendo actitudes de responsabilidade, ao tempo que os concienciamos da necesidade de cumprir as normas de seguridade para evitar posibles accidentes.

Os charamuscas


AQUÍ ESTAMOS NÓS : OS CHARAMUSCAS.

A de cor amarela son eu, LÚA, a mascota de 3 anos. Vivo nunha bolsa-nave cos meus amigos Muna e Xico, e tamén con Chincheta(non quixo saír na foto), un bicho traste e despistado que sempre nos está facendo rabiar. Os nenos e nenas quérenme moito e vounos acompañar ao longo de todo este curso que está a pasar rapidísimo.