ir arriba

viernes, 25 de junio de 2010

miércoles, 23 de junio de 2010

O ÚLTIMO DÍA DE COLE

O ÚLTIMO DÍA DE COLE, O MARTES 22 DE XUÑO, E COMO É XA TRADICIÓN, AS MESTRAS DE INFANTIL CONVIDAMOS AOS PEQUES Á COMILONA DE FIN DE CURSO. ESTABA TODO MOI RICO. E O DÍA ESTUPENDO. QUE MÁIS PODEMOS PEDIR??




E DESPOIS DE TANTO COMER E BEBER... A DIVERTIRSE COS AMIGUETES NO PATIO!!




BUFFF!! ESTAMOS AGOTADOS DE TANTO XOGAR!
DESCANSAMOS




E...XOGAMOS AO XOGO DAS SILLAS. PABLO FOI O GAÑADOR.



E FIXEMOS A FOTO DE DESPEDIDA NESTA AULA QUE ...FORMOU PARTE DA VIDA DOS VOSOS PEQUES DURANTE DOUS ANIÑOS DA SÚA, TAN IMPORTANTE, ETAPA INFANTIL.

ACTUACION MAMÁ CABRA

O LUNS, 21 DE XUÑO, TIVEMOS FESTA RACHADA NO NOSO COLE. POIDEMOS DISFRUTAR DUN GRUPO MUSICAL INFANTIL CHAMADO " MAMÁ CABRA". A SÚA MÚSICA FORMA PARTE DO MEU REPERTORIO DE CDs INFANTÍS DESDE FAI XA VARIOS ANOS.





FOI UNHA ACTUACIÓN MOI DIVERTIDA NA QUE BUSCARON A PARTICIPACIÓN DOS CATIVOS, E TAMÉN A DOS MESTRES, PROPOÑENDO XOGOS DE IMITACIÓN CON XESTOS, REPETICIÓNS DAS LETRAS DAS CANCIÓNS... ANIMANDO A TODOS A CANTAR, SALTAR, BAILAR...
ASÍ DE BEN O PASAMOS


viernes, 18 de junio de 2010

ANIVERSARIO DE LUCÍA E HUGO

HOXE VENRES FESTEXAMOS NO COLE OS ÚLTIMOS ANIVERSARIOS POR ESTE CURSO, O DE LUCÍA E O DE HUGO, QUE NACERON O MESMO DÍA, UN 19 DE XUÑO. ASÍ DE ATENTOS DECORAN AS SÚAS COROAS ESTA É A CARA QUE SE LLE QUEDA A HUGO CANDO TODA A CLASE EMPEZA A COREAR A VIVA VOZ: -"NOVIOS, NOVIOS, NOVIOS..."!!!! COMIMOSSS, BUFF, CANTO COMIMOS!! TARTAS,GALLETAS,NUBES, PATATAS FRITAS...ETC, ETC DISFRUTADE DAS FOTOS

E DIXO ELOY: -"PROFEEE, ESTOY EMPACHADO HASTA EL INFINITO"!. E... DESPOIS DE TANTA COMIDA... UN POUCO DE BAILE.

jueves, 17 de junio de 2010

EXCURSIÓN A SALVATERRA DE MIÑO

E CHEGOU O DÍA DA NOSA ÚLTIMA EXCURSIÓN. E... NON PODIAMOS DEIXAR DE IR AO PARQUE " A CANUDA", EN SALVATERRA DE MIÑO. UN LUGAR PRECIOSO, XA COÑECIDO POR MOITOS DOS NENOS, POLA SÚA CERCANÍA CON PONTEAREAS, PERO... ESTA VEZ VISTO CON OUTROS OLLOS PORQUE OS SEUS COMPAÑEIROS DE XOGO, DIVERSIÓN E DISFRUTE FORON OS SEUS AMIGUETES DO COLE.

XA ESTAMOS EN SALVATERRA.




E... QUE SE PODE FACER NO PARQUE DE SALVATERRA?? POIS... XOGAR, XOGAR E XOGAR.



PROFEEEEEEEEEEE, PROFEEEEEEEEEE, TENGO HAMBREEEE!
POIS VEÑA, TODOS A COMER!!



DESPOIS DE COMER E XOGAR OUTRO POUQUIÑO FOMOS VER OS APARELLOS DE LABRANZA, OS ANIMAIS E ACHEGÁMONOS ATA O LAGO


FOI UNHA MAÑÁ CHEA DE DIVERSIÓN, E ASÍ O DIN AS FOTOS, VERDADE??
E DESPOIS DE TANTO XOGAR SEGURO, SEGURO, QUE CHEGARON AGOTADOS A CASA.

miércoles, 16 de junio de 2010



OLA PEQUES. MAÑÁ COLLEREMOS O AUTOBÚS, RUMBO AO PARQUE DE SALVATERRA DO MIÑO. A NOSA ÚLTIMA EXCURSIÓN, POR ESTE CURSO.
LEMBRADE LEVAR ROUPA CÓMODA, BOCATA E BEBIDA NA MOCHILA, E UNHA GORRA PARA O SOL.
E HOXE A DESCANSAR... QUE XA TEREMOS MOOOOITO ONDE XOGAR.

UN BICO

5ª MOSTRA DE TEATRO

UN ANO MÁIS OUTRA NOVA MOSTRA DE TEATRO NO BOUZA BREY, E XA IMOS COA QUINTA.
AS REPRESENTACIÓNS COMEZARON A SEMANA PASADA, O MÉRCORES, E A NÓS TOCOUNOS ASISTIR COMO ESPECTADORES O VENRES.
POIDEMOS DISFRUTAR DE DÚAS OBRAS:
- " A CINDERELA", DE 4º B
- " IMOS DE SERÁN ", DE 3ºC

NORABOA RAPACES!!








lunes, 7 de junio de 2010

O CORPUS EN PONTEAREAS

SE FALAMOS DE ALFOMBRAS FLORAIS, SE FALAMOS DE CORPUS,SE FALAMOS DE TRADICIÓNS.... TEMOS QUE FALAR DE PONTEAREAS. ESTE ANO DECIDÍN DISFRUTAR DESTA FIN DE SEMANA DE FESTA. ADORABLE TODO O VECINDARIO, PAIS, NAIS, NENOS(algún dos meus peques andaba por aí colaborando), AVÓS, AVOAS... TRABALLANDO TODA A NOITE NAS ALFOMBRAS PARA QUE ESTIVERAN LISTAS PARA A PROCESIÓN DO DOMINGO.
ESTE ANO COMPROBAMOS TODOS QUE SE TRATA REALMENTE DUNHA FESTA INTERNACIONAL E ASÍ POIDEMOS CONTEMPLAR, ADEMAIS DE ALFOMBRAS DE DIVERSOS PUNTOS DE ESPAÑA, XENTES E ALFOMBRAS DE VARIOS PAÍSES: ALEMANIA,PERÚ, ITALIA, XAPÓN, PORTUGAL...TODO UN INTERCAMBIO CULTURAL.
BUENO, AQUÍ VOS DEIXO ALGUNHAS FOTOS DAS FERMOSAS OBRAS DE ARTE QUE TODOS POIDEMOS DISFRUTAR E QUE AGORA VAN ADORNAR O NOSO BLOGUE.
ESPERO QUE PASARADES UNHAS BONITAS FESTAS DO CORPUS.





viernes, 4 de junio de 2010

EXCURSIÓN A VIGO

O MARTES, 1 DE XUÑO,ESTREAMOS MES CUNHA EXCURSIÓN A VIGO. PRIMEIRO POIDEMOS DISFRUTAR NO CENTRO CULTURAL CAIXANOVA DUNHA ENTRETIDA OBRA DE TEATRO TITULADA "ME DUELE EL CAPARAZÓN": Á TARTARUGA JUAN DÓELLE O CAPARAZÓN E TERÁN QUE LEVALO AO CAPARAZÓLOGO E ISTO NON LLE FAI NINGUNHA GRACIA, PORQUE...QUEN NON TEME IR AO MÉDICO?


LEMBRADES A HISTORIA??



O TEATRO XA REMATOU. PASÁMOLO MOI BEN !


UN POUCO DE CAMIÑATA CARA AO AUTOBÚS VAINOS AXUDAR A ABRIR O APETITO AÍNDA MÁIS.



XA ESTAMOS EN CASTRELOS. ABAIXO TODO O MUNDOOO


TOCA COMER, POR FIN! XA ATOPAMOS UN SITIO PERFECTO. OS BOCATAS AO AIRE LIBRE SABEN MELLOR!


O PARQUE NOS ESPERA E... DESPOIS DE RECUPERAR ENERXÍAS HAI QUE GASTALAS, E GANAS NON FALTARON, POIS NON PARARON DE XOGAR NIN UN MINUTO, E ISO QUE O SOL QUENTABA CON FORZA. SON INCANSABLES, A VERDADE.




PROBARON TODOS OS COLUMPIOS QUE ATOPARON AÍNDA QUE ALGÚN SE LLES RESISTÍA, SE NON QUE LLO PREGUNTEN A PATRICIA. EU CREO QUE ACABOU ALGO ENFADADILLA.
video
QUE PRONTO PASOU A MAÑÁ, XA TOCA REGRESAR. TODOS RUMBO A PONTEAREASSS!