ir arriba

miércoles, 6 de abril de 2011

VISITAMOS A BIBLIOTECA-MUSEO DE PONTEAREAS

Hoxe despois do recreo fomos visitar a BIBLITECA- MUSEO MUNICIPAL de Ponteareas coa nosa profe e con Pepa. Moitos dos nenos e nenas xa a coñecían grazas as súas familias que fan uso dela. Estivemos na sala preparada para os máis pequenos, e alí parámonos un chisco a mirar e ler algún contiño. Nos ensinaron as salas onde van os maiores e alí tivemos que estar mooooi caladiños pois había xente estudando. Tamén vimos o lugar onde atopar revistas, xornais... e a sala dos ordenadores. Por último entramos no museo, alí había moitas cousas e que non debiamos tocar, pero iso costounos un pouco, quizais por falta de costume, e... porque no fondo somos nenos e as nosas mans unha forma máis de explorar. Había tantas cousas que só observamos algunhas, pero o que máis nos chamou a atención foi un coche de bombeiros moooiii antigo.





VISITAMOS A BIBLIOTECA MUNICIPAL
SE QUEREDES VER AS FOTOS FACEDE CLIC NA IMAXE NA BIBLITECA DIXÉRONOS QUE TODOS OS XOVES DE 6 A 7 DA TARDE HAI SESIÓN DE CONTACONTOS. PODES LEVARME Á BIBLIOTECA, DEIXARME ALÍ E RECOLLERME ÁS 7. NON É MALA PROPOSTA PARA ALGÚN XOVES, VERDADE??.

3 comentarios:

  1. GRACIAS PROFE POLA SUA INFORMACIÓN, ACABO DE ENTERARME QUE TEÑO UN MUSEO O LADO DA CASA JA JA.

    UN APRERTA MOI FORTE PRA TODOS, UN SALUDO PRA PROFE MERCHIII

    ResponderEliminar
  2. VAIA COUSAS MAIS CHULIS HAI NO MUSEO. PERO CON ESE COCHE DE BOMBEIROS DARIAN APAGADO O LUME JA.JA.JA. E BO SABER QUE OS XOVES PODEN QUEDAR ALI UNHA ORIÑA VENDO O CONTACONTOS E NOS PODEMOS ESTAR RELAXADAS UN RATIÑO.POR CERTO ANIMALIÑOS A ENSAIAR A OBRA QUE SI NON A DIRECTORA ENFADASE. UN SAUDO PRA TODAS-OS.

    ResponderEliminar
  3. JJAJAJAA, MARY XA VES CON QUE COUSAS TE SORPRENDO, JAJAJA, NUNCA É TARDE PARA ENTERARSE DO QUE TÉS AO LADO: UNHA BIBLIOTECA MUSEOOO. VEÑA, TEMOS QUE QUEDAR UNHA TARDE PARA VER O MUSEO CON CALMA , QUE EU AO ESTAR PENDENTE DOS CRÍOS NON VIN CASE NADA.

    MÓNICA EU PENSEI O MESMO CA TI CANDO VIN ESE COCHE DE BOMBEIROS,JAJAJA. PRIMEIRO PENSEI QUE ERA UNHA BROMA CANDO NOS DIXERON O QUE ERA, JAJAJA.
    BOA IDEA DEIXAR ALGÚN XOVES A CLAUDIA NA BIBLIOTECA A DISFRUTAR DUN CONTACONTOS.
    BUENO, UN BICO PARA ESTAS DÚAS FAMILIAS DA SÚA DIRECTORA,JAJAJA.
    MUAC, MUAC PARA CLAUDIA E CARLA.

    ResponderEliminar