ir arriba

martes, 26 de abril de 2011

EXCURSIÓN Á GRANXA-ESCOLA "O KIRIKO"

MAMI E PAPI:
Hoxe martes foi un día especial. Poidemos visitar e disfrutar da granxa- escola "O KIRIKO" e do seu fermoso contorno natural.
Pola mañá convertímonos en cociñeiros/as, amasamos e amasamos...e cada un de nós fixo unha rosquilla. O resto da mañá adicámolo a observar e aprender cousiñas sobre algúns animais, aves sobre todo, aínda que tamén había mapaches.
A iso das 13,00 horas comimos todos xuntos: croquetas, macarróns con carne e iogur.
Despois de xantar... parque!! Xogamos nos bambáns, subimos, trepamos, escalamos...e como nos tentaba o campo de fútbol algúns pedimos un balón aos monitores. A continuación chegou o momento do percorrido polo bosque, fixemos xogos dirixidos e tamén descubrimos e identificamos sons e animais do campo: ovellas, vacas, cabalos...
Sobre as 16,00 horas merendamos un rico bocata, bebimos moooita auga, collimos as nosas chaquetas e nos despedimos dos monitores que tan ben nos trataron, ahh, e tamén dos cans da granxa que eran mooii cariñosos.
Non nos podemos queixar pois o día estivo estupendo para disfrutar das actividades ao aire libre.
Ao chegar ao noso cole as profes repartiron as rosquillas feitas na granxa que axiña probamos, non sabemos se por fame ou por curiosidade.
En fin, esperamos descansar ben esta noite despois de convertirnos en granxeiros por un día.






GRANXA KIRIKO

4 comentarios:

  1. HOLA PROFE MERCHI, GRACIAS POR INFORMARNOS TAMBIEN SOBRE LA EXCURSIÓN.

    COMO SIEMPRE SIEMPRE MI PRIMER COMENTARIO.

    CASI ME QUEDO DORMIDA VIENDO TANTAS FOTOS, HOY MARIA NO ME DEJO DORMIR, PORQUE ESTABA TODA ILUSIONADA CON SU EXCURSIÓN, AÚN NO PASO MEDIO DIA Y YA LA ESTOY ECHANDO DE MENOS NO SE AL LLEGAR A LA NOCHE.

    SE VE EN LAS FOTOS QUE LO PASARÓN MUY BIEN,ESTAS ECHA UNA FOTOGENICA JA JA, BUENO DE NUEVO MUCHAS GRACIAS.

    EN EL TRACTOR AMARILLO, NO CREO QUE IRIAS MUY LEJOS, PORQUE TENIA UNA RUEDA PINCHADA JAAA.
    BUENO QUERIDISIMA PROFE , UN SALUDO DE ESTA MAMI QUE TE ADMIRA MUCHISIMO POR SU TRABAJO.Y AHORA LA OBRA QUE NO ME HACE TANTA GRACIA ES UNA BROMA BESOS

    ResponderEliminar
  2. POIS AS FOTOS FALAN POR SÍ MESMAS MARI, CLARO QUE O PASARON MOI BEN. FOI O DÍA COMPLETITO, APENAS PARARON. SÓ PARA COMER E MERENDAR. LEVAN PILAS DURACEL ESTES NENOS E NENAS.
    EU VOLVÍA A PASAR A FIN DE SEMANA NA GRANXA, JAJAJA. ESTA NON QUE VAI CHOVER.
    E NON TE METAS COA CHULADA DE TRACTOR QUE HABÍA ALÍ, JAJA. CASI O COLLO PARA DAR UNHA VOLTA, SE NON FORA POLAS ARAÑAS,JAJA.
    ALÉGROME QUE CARLA DISFRUTARA DA SAÍDA.
    BICOS MIL

    ResponderEliminar
  3. haver teatreiras como me gustaria estar nos ensallos, para partirme de risa con vos e no vos equivoquedes, de mary jaaa pode slir calquera cousa saudillos par esa directora moita caña a mary e a o can e o grilo.

    ResponderEliminar
  4. ESTAN TODOS MOI GUAPOS. ESTA EXCURSION E UNHA EXPERIENCIA MOI BOA PRA OS NENOS XA QUE ASI DESPEGANSE UN POUCO DOS PAPIS E MAMIS.UN SAUDO PRA TODOS E A COLLER FORZAS PRA LUNS ENSAIAR,QUE TEN QUE SAIR MOI BEN TODO E A FACER TODAS O DISFRAZ.

    ResponderEliminar