ir arriba

lunes, 28 de febrero de 2011

AS ORDES DO MECO


O MECO XA ESTÁ NO CENTRO E AS SÚAS PRIMEIRAS ORDES CHEGARON HOXE ATA A NOSA CLASE. VEÑA PEQUES, TODOS A CUMPRILAS SE O QUEREDES PASAR BEN.
VIVA O ENTROIDO!!


Martes moi ledo virás
e algo na cara pintarás

domingo, 27 de febrero de 2011

miércoles, 23 de febrero de 2011

XA SE ACHEGA O ENTROIDO 2011.
PRONTIÑO COMEZARÁ O MECO A DARNOS AS ORDES PARA VIR DISFRAZADOS AO COLE, E CANDO CHEGUE O DÍA GRANDE, O 4 DE MARZO, ÍMONOS CONVERTER EN ANANIÑOS, OS ANANIÑOS DE BRANCANEVES,POIS ESTE ANO O TEMA ELEXIDO SON... OS CONTOS. QUE GUAI!!
E... NON SEREMOS SETE, SENON MOOITOSS MÁIS.


VEÑA, IMOS PREPARANDO XA O DISFRACE. ENTRE TODOS O PODEMOS LOGRAR.
GRAZAS FAMILIAS POR IMPLICARVOS NAS ACTIVIDADES ESCOLARES E VIVIR COS VOSOS FILLOS/AS ESA ILUSIÓN QUE TEÑEN POLAS FESTAS DO ENTROIDO.

martes, 22 de febrero de 2011

REGÁLAME UNHA CANTIGA

No noso cole estamos a traballar ( infantil e primaria) nun proxecto titulado "regálame unha cantiga".
Comezamos recopilando unha morea delas grazas á vosa xenerosa colaboración; lembrades o papeliño??.
O seguinte paso foi informatizalas.
Para continuar traballando decidimos apadriñar cantigas e nós, os de educ. infantil, optamos pola saia da Carolina. Que tiñamos que facer con esta cantiga?? Poisss, aprendela e representala plásticamente. Decidimos que todas as cantigas apadriñadas foran plasmadas en diferentes murais, e os resultados son... fantásticos!!!
Xa vos irei contando máis cousiñas.
Así quedou a nosa querida Carolina. Chuli, verdade?


Canto traballamos!! Pero nos gusta!!






SE QUEREDES VER OS MURAIS FEITOS POR OS NENOS/AS DE PRIMARIA FACEDE CLIC NA IMAXE.
REGÁLAME UNHA CANTIGA

jueves, 17 de febrero de 2011

INICIACIÓN Á LECTOESCRITURA

OLA PEQUES . QUEREDES SEGUIR XOGANDO E APRENDENDO DE FORMA DIVERTIDA?? POIS AQUÍ VAN MÁIS XOGOS DE LECTURA, ESCRITURA, MÚSICA, BÚSQUEDA DE IGUAIS,DE TESOUROS, DE SÍLABAS, ABSURDOS, SILUETAS, ORDEN DE HISTORIAS, BÚSQUEDA DE DIFERENZAS, MEMORIA, CREBACABEZAS... E MÁIS COUSIÑAS INTERESANTES QUE PODEDES IR DESCUBRINDO.

domingo, 6 de febrero de 2011

NOTA: Na entrada do blogue PAZ 2011 engadín o video que foi grabado durante a interpretación da canción deste ano " Los niños queremos la paz" e que atopei no blogue do primeiro ciclo. A min fíxome moita ilusión ver aos peques cantando e facendo os xestos, todos atentos e entregados á canción; espero que vós, familias, tamén o disfrutedes.

viernes, 4 de febrero de 2011

XOGAMOS A SUMAR?
ESTAMOS ATENTOS ÁS IMAXES?
SOMOS OBSERVADORES?
TEMOS BOA MEMORIA?
PODEDES COMPROBALO CON ESTES XOGOS NOVOS.
ESPERO QUE VOS DIVIRTADES PEQUES !!