ir arriba

sábado, 19 de septiembre de 2009

REGRESAMOS AO COLE

Aquí estamos de novo outra vez, despois dunhas ben merecidas vacacións. Levamos xa uns días de cole e ,en xeral,ímonos adaptando sen problema ; non é difícil pois xa coñecemos á nosa profe, aos compañeiros, repetimos clase... e ademais xa somos mais maiores. Mamis e papis... estamos medrando.
Como podedes observar non estamos todos na foto: Adrián entrara este día algo enfadado e non quixo colocarse, Diego non viñera ao cole, Alejandra estaba aínda de vacacións e ÁNGEL xa non vai vir pois tivo que marchar para outro colexio. Esperamos que lle vaia moi ben e que axiña faga moitos amigos cos que xogar. MOITOS BICOS PARA ÁNGEL DE PARTE DE TODOS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario