ir arriba

viernes, 29 de mayo de 2009

FOTOS DAS NOSAS MASCOTAS

Ola a todas e a todos. Eu son MURFI, a mascota de ADRIÁN e como podedes comprobar son unha TARTARUGA, un dos réptiles máis lonxevos. Como aínda son pequena tan só como comida propia de tartarugas; cando medre un pouco poderei comer xamón cocido e ata leituga. Gústame moito estar na auga e de cando en vez tomar o sol.
(Graciñas á familia de Adrián por escribirnos unhas letras sobre Murfi).


Glu, glu, glu...Ola....Somos os PEIXES de IZAN. Neste momento a profe non se lembra de como nos chamamos. Se esta familia entra no blog pode ir a "comentarios" e alí escribir os nosos nomes, así Merchi pode lembralos e escribilos. Que fácil poder comunicarnos a través dun blog!. Ben, somos peixes de auga quente e normalmente danos de comer Izan e o seu pai. Alimentámonos de escamas feitas de verduras e algas que se mercan en botes. Vivimos nun acuario que ten moita auga e é preciso cambiala a miúdo. Por certo, pertencemos á raza dos ESCALARES. Se queredes máis información facede click AQUÍ.
(Graciñas á familia de Izan por escribirnos unhas letras sobre os seus peixes).



Ola familias, eu son a mascota de PATRICIA. Como podedes observar son un GATO e o meu nome é COCOLÁ. Teño case 3 anos e vivo xeralmente na casa dos avós. O meu xoguete preferido é un rato de peluche. Son moi inquieto, durmo polas mañás e polas noites prefiro coidar da casa e xogar ás escondidas. Tamén me gusta mirar a tele e que me corten as uñas, así non lastimo a Patri sen querer. Espero que nos vexamos algún día.

(Graciñas á familia de Patricia por escribirnos unhas letras sobre Cocolá).


Ola, eu son REX, a mascota de PAULA. Vivo nunha finca e se vos fixades ben teño un ollo de cada cor, un marrón e outro azul. Son moi parecido ao can dos BOLECHAS e igual de atravesado. No inverno teño moito pelo, que me abriga e da calorcito; na primavera caeme o pelo e casi o agradezo, así cando chega o verán non paso tanta calor. Son moi pacífico (aínda que ás veces un pouco bruto) e non mordo a ninguén. Encántame que me acaricien, que me saquen a dar longos paseos, que me coiden e me den moito cariño, todas estas cousiñas tan necesarias e que por sorte me ofrece esta familia que tanto me quere, desde a máis pequena ata o máis ancián.
(Grazas á familia de Paula por mandarnos o precioso relato sobre Rex).





2 comentarios:

  1. hola a todos,non vos imaxinades o ledos que se puxeron todos na casa cando lles dixen que o noso can rex saia nunha foto en internet...gostariame moitisimo enviarvos fotos das ras e renacuaxos que teño no ordenador,mais non sei como facervolas chegar desde internet...haberia algunha maneira.o meu email:ara.cuchu@hotmail.com

    ResponderEliminar
  2. ola Ara, xa me imaxinaba que vos faría ilusión ver as mascotas no blog. Mándame esas fotos das ras e os renacuaxos ao meu correo:

    merchimm@edu.xunta.es
    un saúdo

    ResponderEliminar