viernes, 29 de mayo de 2009

FOTOS DAS NOSAS MASCOTAS

Ola a todas e a todos. Eu son MURFI, a mascota de ADRIÁN e como podedes comprobar son unha TARTARUGA, un dos réptiles máis lonxevos. Como aínda son pequena tan só como comida propia de tartarugas; cando medre un pouco poderei comer xamón cocido e ata leituga. Gústame moito estar na auga e de cando en vez tomar o sol.
(Graciñas á familia de Adrián por escribirnos unhas letras sobre Murfi).


Glu, glu, glu...Ola....Somos os PEIXES de IZAN. Neste momento a profe non se lembra de como nos chamamos. Se esta familia entra no blog pode ir a "comentarios" e alí escribir os nosos nomes, así Merchi pode lembralos e escribilos. Que fácil poder comunicarnos a través dun blog!. Ben, somos peixes de auga quente e normalmente danos de comer Izan e o seu pai. Alimentámonos de escamas feitas de verduras e algas que se mercan en botes. Vivimos nun acuario que ten moita auga e é preciso cambiala a miúdo. Por certo, pertencemos á raza dos ESCALARES. Se queredes máis información facede click AQUÍ.
(Graciñas á familia de Izan por escribirnos unhas letras sobre os seus peixes).



Ola familias, eu son a mascota de PATRICIA. Como podedes observar son un GATO e o meu nome é COCOLÁ. Teño case 3 anos e vivo xeralmente na casa dos avós. O meu xoguete preferido é un rato de peluche. Son moi inquieto, durmo polas mañás e polas noites prefiro coidar da casa e xogar ás escondidas. Tamén me gusta mirar a tele e que me corten as uñas, así non lastimo a Patri sen querer. Espero que nos vexamos algún día.

(Graciñas á familia de Patricia por escribirnos unhas letras sobre Cocolá).


Ola, eu son REX, a mascota de PAULA. Vivo nunha finca e se vos fixades ben teño un ollo de cada cor, un marrón e outro azul. Son moi parecido ao can dos BOLECHAS e igual de atravesado. No inverno teño moito pelo, que me abriga e da calorcito; na primavera caeme o pelo e casi o agradezo, así cando chega o verán non paso tanta calor. Son moi pacífico (aínda que ás veces un pouco bruto) e non mordo a ninguén. Encántame que me acaricien, que me saquen a dar longos paseos, que me coiden e me den moito cariño, todas estas cousiñas tan necesarias e que por sorte me ofrece esta familia que tanto me quere, desde a máis pequena ata o máis ancián.
(Grazas á familia de Paula por mandarnos o precioso relato sobre Rex).





jueves, 28 de mayo de 2009

O NOSO MURAL


Ás nosas árbores xa lles caíron as flores e... naceron as froitas: unhas riquísimas CEREIXAS. ¿Gústanvos ?.

sábado, 23 de mayo de 2009

XOGAMOS?

Se queredes xogar un pouquiño cos vosos amigos os animais aquí vos deixo 3 xogos : un para pintar, outro para facer puzzles e un terceiro para que toda a familia poñades a proba a vosa memoria.

XOGUEMOS

Para cambiar de xogo busca Online Games e fai clic.

martes, 19 de mayo de 2009

Posted by Picasa
Para que vaiades botando unha ollado aos animais que hai no zoo podedes visitar a súa páxina web desde o enlace ZOO DE VIGO.
Mentras chega o gran día imos ver que tal lle foi a Caillou na súa visita ao zoo.

sábado, 16 de mayo de 2009

O GLOBO



E REMATAMOS A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS CO LANZAMENTO DO GLOBO. POR FIN POIDEMOS VIVIR ESTE ESPERADO MOMENTO. GRAZAS SEÑOR ENRIQUE POR COLABORAR NESTA, PARA NÓS, BONITA EXPERIENCIA.
Os nenos e nenas de 5 anos foron o outro día de visita a unha granxa: A GRANXA KIRIKO. Se queredes coñecer algunhas das actividades que realizaron e ver algúns dos animaliños que alí había podedes visitar os blogs ANACOS DE SOL e RECUNCHO DE ESTRELAS.

NON É NADA FÁCIL ORDEÑAR UNHA VACA. FIXÁDEVOS COMO SE FAI



Veña! a bailar un pouco con estas vacas tan maaarchooosasss!!!

sábado, 9 de mayo de 2009

CINE EN GALEGO

Dada a proximidade do DÍA DAS LETRAS GALEGAS (17 de maio) estivemos festexando no cole a SEMANA de CINE EN GALEGO, coa proxección da película PÉREZ, O RATIÑO DOS TEUS SOÑOS. Hoxe venres tocounos ir ver a "peli" á biblioteca ás profes e alumnado de 3 anos.



OS ANIMAIS


Comezamos unha nova unidade: os ANIMAIS, que a estas idades espertan tanta fascinación e curiosidade. Trataremos o tema partindo dos animais que aos nenos lles resultan máis próximos: os domésticos e os de granxa. Atenderemos aos valores de respecto e sensibilidade e ás súas necesidades como seres vivos. Tamén poderemos coñecer e valorar algúns dos seus beneficios. Espero contar coa vosa colaboración e os nenos seguro que tamén.

A PRIMAVERA NA NOSA CLASE

Este é o noso mural da PRIMAVERA. Quedounos moi bonito e traballamos moito. A profe contounos que cando caian as flores destas árbores van nacer unhas froitas, pero non nos dixo cales; esperaremos a ver. Que froitas serán??
Hoxe, dando un paseo, cheguei ata a finca da miña irmá, e alí atopei cousiñas interesantes para vós como esta CERDEIRA que empeza a dar cereixas. Aínda hai que esperar algo a que maduren pero seguro que van a estar riquísimas.


Sabedes que podemos atopar debaixo da terra??? Fixádevos na pista que vos dou.



E aquí que atoparemos??







domingo, 3 de mayo de 2009

AS PLANTAS NOS DAN ALIMENTO

Xa sabemos que as CENORIAS medran agochadas debaixo da terra, non as podemos ver; menos mal que as súas folliñas nos dan unha pista de onde están.
Tampouco podemos ver as PATACAS, nin as CEBOLAS:

Hai plantiñas onde nacen os PEMENTOS e os TOMATES:

Agora xa sabemos que as FRESAS non nacen nas árbores.


No cole estivemos observando esta semana algunhas fotos e con elas xogamos a ser árbores e plantas que nos dan comida rica e importante na nosa dieta. Aprendimos que moitas FROITAS NACEN NAS ÁRBORES: