ir arriba

sábado, 25 de abril de 2009

VISITAMOS A BIBLIOTECA DO CENTRO

Esta semana visitamos a BIBLIOTECA do noso cole. Antes de entrar estivemos vendo a EXPOSICIÓN das portadas dos contos favoritos: as nosas e as dos demais nenos e nenas. Moi chulis, aínda que algunhas estaban demasiado altas para a nosa estatura.



A continuación entramos na BIBLIOTECA para poder disfrutar doutra exposición: esta vez de contos feitos por nenos e nenas de primaria.Algúns eran moi orixinais. Gustáronos moito.



A profe María contounos na BIBLIOTECA un conto sobre COLOMBIA. Fixeron este conto tan chuli porque na clase de 3 ANOS A hai unha nena que veu de Colombia e que se chama Isabella.




No hay comentarios:

Publicar un comentario