ir arriba

viernes, 17 de abril de 2009

AS PLANTAS

QUE BOA PINTA TEÑEN ESTAS CEREIXAS!
VEÑA, QUE IMOS PLANTAR UNHA ÁRBORE. QUE GUAI!!
COMO ME GUSTA COIDAR O XARDÍN !!
QUERES PROBAR UNHA FRESA?? ACABO DE RECOLLELA AGORA MESMO.


Mami e papi, coa chegada da PRIMAVERA temos que estar moi atentos ao espertar da natureza: as plantas, os animaliños, os cambios propios desta estación... e nós somos MOI CURIOSOS.
A profe di que non só é interesante coñecer algunhas plantas senón que tamén é moi importante aprender a coidalas, a valoralas e a respectalas.
Ademais hai plantas que nos proporcionan ALIMENTOS, fíxate tí que cousas!
Imos pois ,estes días, aprender algunhas cousiñas, como por exemplo que as fresas non veñen dunha árbore, como nós pensabamos. Nada máis, esperamos que vós, mamis, papis, avoas, avós...tamén nos axudedes a ir observando algunhas cousiñas deste mundo que estamos empezando a descubrir. Graciñas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario